O Fisober fai historia da Costa da Morte proclamándose Campión de España Alevín

Nunha fin de semana na que o CF Dumbría completou unha temporada memorable, o seu equipo veciño, o Fisober FSF vén de facer historia da Costa da Morte. O equipo Alevín Feminino do Fisober FSF proclamouse Campión de España de Fútsal Sub12. Que inmellorable maneira de celebrar o seu 20 aniversario.
As xogadoras de Paula Fandiño, Adriana e Saray Duarte, unha selección de rapazas de toda a comarca, moitas que o ano pasado quedaron campionas galegas de F8, demostraron que a revolución do fútbol feminino na comarca vén dende a base, e que a día de hoxe a Costa da Morte é unha potencia xa a nivel estatal en fútbol base feminino.
Todo, demostrando ademais que Dumbría é un espazo inmellorable para organizar eventos deportivos de alto nivel, como vén demostrando durante máis dunha década.
A finde das históricas

O venres de recibir unha homenaxe na Gala do Fútbol da Costa-QPC do pasado venres, marchaban a concentrarse no albergue do Ézaro, para prepararse para a Fase Final do Campionato de España.
O sábado pola tarde, cun pavillón do Conco absolutamente ateigado, as costeiras sufrían para superar nas semifinais a todo un FSF Zaragoza, pero o conseguían na quenda de penaltis, cunha Jimena espectacular baixo paus, rexeitando varias penas máximas.

Chegaba a gran final, nesta mañá dominical. Non cabía un alfinete no Conco, con máis de 500 afeccionados nas bancadas para ver ás costeiras ante o Futsal Paulo Roberto de Murcia, o equipo que leva o nome dun dos mellores xogadores da historia deste deporte. E as rapazas da Costa da Morte volveron sacar a sáu bravura, gañando por 1-0 co tanto de Martina Fernández.