Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#EntrevistaQPC Hugo Baldomar: "Só con pensar en xogar en Riazor xa se me poñen os pelos de punta"

Despois de moito tempo, o céspede de Riazor vai volver a ter representación da nosa bisbarra. O cabanés Dani Barcia, co falabamos hai 15 días, e o fisterrán Hugo Baldomar estarán presentes no histórico encontro que achegaría aos branquiazuis á UEFA Youth League.
Hugo Baldomar
Hugo Baldomar
#EntrevistaQPC Hugo Baldomar: "Só con pensar en xogar en Riazor xa se me poñen os pelos de punta"

De Hugo Baldomar temos escoitado marabillas dende que o fisterrán era ben pequeno. Primero como un depredador do área e agora, máis maduro, como un traballador centrocampista capaz de facer de todo. Un xogador que hoxe desputará un dos encontros máis importantes da súa curta traxectoria nun Riazor que vai a ter preto de dez mil persoas vendo o Deportivo - Pogon, que pode achegar aos locais á UEFA Youth League, a Champions xuvenil. É certo que se debe remontar o 3-0 da ida, pero con estes ingredientes, todo é posible.

Precisamente, falamos con Hugo sobre esas posibilidades, de como vai a súa tempada a nivel personal ou o difícil que é compaxinar os adestramentos no seu nivel cos estudos de segundo de bacharelato. Incluso pactamos unha celebración que honre á súa terriña por se se convirte no heroe do encontro.

 

Comentarios