Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Esteirana, novo campión da Copa da Costa ao superar ao Cabana

Esteirana Campion da Copa da Costa 2019 1
Esteirana, Campión da Copa da Costa 2019
A Esteirana, novo campión da Copa da Costa ao superar ao Cabana

Un 1ª contra un 3ª. 44 anos sen xogar unha final contra 16. Unha entregada afección blaugrana contra outra volcada “rossonera”. Esteirana e Cabana protagonizaron unha fermosa festa do Fútbol da Costa, con máis ambiente que fútbol. Unhas 1.500 ateigaron o Conco (Dumbría) demostrando por que a nosa comarca é a envexa do fútbol galego.

Venceu o mellor. Se ben o ano que vén enfrontaranse na Liga da Costa, a día de hoxe demostrou a Esteirana estar un par de puntos por riba, sobre todo fisicamente, do cadro cabanés, e puido levantar a súa segunda Copa da Costa da historia. Para o Cabana, a realidade é que xa foi todo un premio a unha impresionante temporada, o estar nesta festa.

Todo no marco dunha impecable organización por parte do Dumbría CF, e nunha intensa fin de semana con 4 finais, con Corme campión Xuvenil Xallas en Infantís, e o Bergan feminino que tivo que tirar da prórroga para vencer a unhas entregadas Miúdas.

Esteirana - Cabana (4-0)

Esteirana na Final da Copa da COsta

  • Esteirana: MJ, Codesido, Simón, Tobío, Dani Rama, Josiño Alves, Adrián, Elías Ruso, Alex Rama, Raúl, Róber Pladur. Tamén: Dani Maroñas, Samu Pensado, Pabo Rama, Carajillo e Brais.

Cabana na Final da Copa da Costa 2019

  • Cabana: Darío, Pablo, Duda, Pipa, Santi, Raúl, Iván Mato, Manolo do Cruceiro, Manuel Romero, Cacha, Diego Castro.
  • Goles: 1-0, m.15: Róber Pladur aproveita un barullo na área; 2-0, m.37: Álex Rama define tras un bo pase de Róber Pladur tras unha contra ben combinada da Esteirana; 3-0, m.47: Elías Ruso; 4-0, m.90: Róber Pladur

Arbitros da Final da Copa da Costa 2019

A primeira metade comezou igualada con algo máis de domino esteirán, pero cun cadro cabanés moi metido no partido e sen deixar pasar un só balón. Comezou Cacha entonado, baixando o balón para intentar combinar, sen sorte cos puntas, un voluntarioso Iván Mato, un desganado Castro e un Manu algo desasistido.

O partido rompeuse co 1-0, nunha xogada sen aparente perigo, na uqe o balón bota por tres veces na área pequena cabanesa, e Pladur, “o máis listo da clase”, mete a caña e adianta aos seus.

Co paso dos minutos comezou a notarse a diferencia de categoría, sobre todo no aspecto físico, e xa a partir do ecuador do primeiro tempo o poderío dos catro de arriba (Raúl, Eílas Ruso, Rober Pladur ou Álex Rama fixeron un auténtico partidazo), puido ca calidade dos Cacha ou Manu Romero ou a veteranía de Manolo do Cruceiro, que con 40 anos non soñaba cunha final coma esta. Como unha lenda do fútbol cabanés foi despedido pola afección na segunda metade.

A Esteirana dominaba e chegaba. Nunha contra ben sacada pola banda dereita, Codesido combinaba con Pladur que cedía a Alex Rama que rompía polo centro e superaba por alto a Darío anotando o 2-0.

Puido sentenciar o cadro esteirán antes do descanso pero o liña anulou un golazo de cabeza de Róber Pladur por fóra de xogo e un trallazo de Álex Rama estrellouse no pau longueiro.

Final da Copa entre Cabana e Esteirana

Si que sentenciou Elías Ruso nada máis comezar o segundo tempo, sen tempo a respirar. Alá foi a Copa. A segunda metade foi de trámite, cun Cabana contemporizando, nadando e gardando a roupa. Pladur tivo o cuarto en varias ocasións, mentres o Cabana conseguiu achegarse á meta de MJ en varias ocasións, pero sen demasiado perigo. Unha internada de Carajillo parecía que ía supoñer a vermella para Darío, pero finalmente o fóra de xogo anulou a xogada. Foi xa no m.90 cando Pladur lanzouse de cabeza para celebrar o cuarto tanto antes do éxtasis total de toda a afección blaugrana, volcada sobre o césdepe.

Esteirana Campion da Copa da Costa 2019Cabana celebrou como un titulo o subcampionato da Copa da Costa

Os xa campións da Copa da Costa

Novas relacionadas

Comentarios