Estévez, Djibril e Isma Ramos, os pichichis das Ligas da Costa 24/25
Estes tres figuras das Ligas da Costa serán os que reciban o seu balón da Olería de Buño na X edición da Gala do Fútbol da Costa - QPC. Unha gala da que proximamente teredes novas!
Unha rematadas as tres principais ligas do noso Fútbol da Costa, pendentes aínda do remate da Liga da Costa FUTFEM, repasamos os máximos goleadores.
Na 1ª, gol con acento fisterrán
Diego Estévez volve levar o premio Pichichi da 1ª e Preferente, que xa levou o ano pasado. O punta fisterrán do Dumbría sumou 37 goles en 32 partidos, superando ao seu veciño Isaac Fábregas. Ambos son os máximos goleadores, destacadísimos, ademais, de todos grupos da 1ª e tamén da Preferente, o que dá conta do talento fisterrán cara gol.
Por detrás vemos o resto de nomes da categoría.
PICHICHI PREF e 1ª | Goles | Partidos | Media |
Diego Estévez (Dumbría) | 37 | 32 | 1,16 |
Isaac Fábregas (Fisterra) | 30 | 31 | 0,97 |
Borja Gándara (Castriz) | 21 | 33 | 0,64 |
Riki Moya (San Lorenzo) | 19 | 31 | 0,61 |
Elías (Esteirana) | 14 | 26 | 0,54 |
Bruno (Fsterra) | 13 | 31 | 0,42 |
Fran Moreira (Muxía) | 13 | 32 | 0,41 |
Xabi Castro (Dumbría) | 11 | 30 | 0,37 |
Javi Pérez (San Lorenzo) | 11 | 30 | 0,37 |
Pablo Rama (Esteirana) | 11 | 31 | 0,35 |
Josiño (Castriz) | 9 | 17 | 0,53 |
Adrián García (Castriz) | 9 | 31 | 0,29 |
Manu Nogueira (Muxía) | 8 | 32 | 0,25 |
Isma Pose (Muxía) | 7 | 16 | 0,43 |
Martín Pereira (Sofán) | 7 | 31 | 0,24 |
Rober Pladur (Esteirana) | 7 | 32 | 0,22 |
Alex Marcote (Dumbría) | 7 | 34 | 0,21 |
Djibril, pichichi destacado da Liga da Costa
Na 2ª FUTGAL, o pichichi destacado é Djibril. O senegalés anotou 29 goles, por diante dos 22 de César Lojo. A súa falta arredor do nadal demostrou a súa importancia no equipo campión de liga.
Un dos que nunca falla é MC; terceiro máximo anotador dunha categoría que nos deixa todos estes nomes.
PICHICHI 2ª | Goles | Partidos | Media |
Djbril (Camariñas) | 29 | 24 | 1,21 |
César Lojo (Corcubión) | 22 | 25 | 0,88 |
MC (Baio) | 18 | 27 | 0,67 |
Mario (Camariñas) | 16 | 28 | 0,57 |
Eze (Cee) | 15 | 27 | 0,56 |
Vía (Soneira) | 14 | 24 | 0,58 |
Dani Casti (Coristanco) | 14 | 29 | 0,48 |
Keko (Outes) | 14 | 29 | 0,48 |
Doro (Xallas) | 13 | 19 | 0,68 |
Eloy Álvarez (Ponteceso) | 13 | 24 | 0,54 |
Bryan (Mazaricos) | 13 | 30 | 0,43 |
Iago Lema (Corcubión) | 12 | 26 | 0,46 |
Richi (Soneira) | 12 | 26 | 0,46 |
Yuyo (Porteño) | 11 | 27 | 0,41 |
Xián (Monte Louro) | 11 | 28 | 0,39 |
Fame de gol carballesa para a 3ª
A3ª dá conta do temporadón, e da fame, da rapazada do Sofán. 144 goles marcaron os de Barca e Diego Viaño, que sumaron unha ducia de grosas goleadas este curso, facendo que os seus dous máximos goleadores estean no top da categoría, os dianteiros do Sofán B Isma Ramos e Adrián Vázquez (o da mesma parroquia de Sofán é pichichi do ano pasado) Isma Ramos (natural da Laracha) quedou ás portas de ser o áximo goleador de todos os grupos da categoría, só por detrás de Cristian López Joao, que marcou 67 goles co SD Chispa no Gr.2 de Ponteverdra, e Alejandro Sierra, que marcou 44 goles co At. Combarro no Gr.1 de Pontevedra.
Sporting Zas e SD Oza tamén superaron o centenar de goles, con varios representantes moi arriba e se demostra coa presenza dos Raúl Corzón, Nacho Pose, Redodo, Salah, Abib ou Dani Mato entre os máis destacados.
PICHICHI 3ª | Goles | Partidos | Media |
Isma Ramos (Sofán B) | 42 | 27 | 1,56 |
Adrián Vázquez (Sofán B) | 34 | 25 | 1,36 |
Raúl Corzón (Zas) | 29 | 22 | 1,32 |
Salah (Cerqueda) | 28 | 21 | 1,33 |
Nacho Pose (Oza) | 26 | 27 | 0,96 |
Lucas (Camelle) | 19 | 23 | 0,82 |
Raúl Lestón (Volantes) | 18 | 16 | 1,12 |
Redondo (Zas) | 18 | 27 | 0,67 |
Luís (Malpica) | 17 | 27 | 0,63 |
Salah (Oza) | 16 | 22 | 0,72 |
Abib (Oza) | 16 | 28 | 0,57 |
Dani Mato (Zas) | 14 | 18 | 0,78 |
Archi (Oza) | 13 | 14 | 0,93 |
Manu de Yi (Volantes) | 13 | 24 | 0,54 |
Iago Torres (Nantón) | 12 | 26 | 0,46 |
Nacho Moreno (Sofán B) | 12 | 27 | 0,44 |
Joel (Baílas) | 11 | 20 | 0,55 |
Hugo (Volantes) | 11 | 22 | 50 |
Saydo (Sofán B) | 11 | 23 | 0,67 |