Diego Estévez e Anxo, o pichichi e o Pombo da Pref. e 1ª
07:28 30/05/23
Unha vez rematada a Preferente, seguimos colleitando os Premios de pichichis e Premio Pombo de cara á esperada VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC.
E facémolo cos dous premios de Preferente e 1ª Galicia, que van para Dumbría.
O fisterrán do cadro dumbriés, Diego Estévez, levará o prezado balón da Olería de Buño como pichichi do Fútbol a Costa, superando a Iván Rojo e Alan, os goleadores da 2ª e 3ª. Pero é que os seus 32 goles permítenlle ser o pichichi dos 5 grupos da 1ª Galicia, todo un fito.
PICHICHI PREF e 1ª | Goles | Partidos | Media |
Diego Estévez (Dumbría) | 32 | 32 | 1 |
Javi Souto (Soneira) | 22 | 30 | 0,73 |
Xabi Castro (Dumbría) | 14 | 34 | 0,41 |
Juan de Celia (Xallas) | 11 | 18 | 0,61 |
Jacobo Eire (Sofán) | 11 | 38 | 0,29 |
Rober Pladur | 10 | 23 | 0,44 |
Maky (Soneira) | 10 | 28 | 0,37 |
Miguel Taibo (Sofán) | 10 | 25 | 0,4 |
Capelo (Xallas) | 10 | 31 | 0,32 |
MC (Baio) | 9 | 17 | 0,53 |
Darío Capelo (Dumbría) | 8 | 30 | 0,27 |
Raúl (Esteirana) | 7 | 25 | 0,28 |
Adrián Makaay (Fisterra) | 7 | 18 | 0,39 |
Carlos Rieiro (Xallas) | 7 | 30 | 0,23 |
Loita polo Pombo
Moito máis igualada estivo a cousa no Premio Pombo. O gran papel de Anxo Lema (Dumbría) e Iván Couto (Xallas) fai que o trofeo vaia cara Dumbría por apenas unhas décimas. O da Grixa (Brens, Cee) levará o premio!
TOTAL | |||
PREMIO POMBO Pref e 1ª | Goles | Partidos | Media |
Anxo (Dumbría) | 27 | 31 | 0,8709677419 |
Iván Couto (Xallas) | 31 | 33 | 0,9393939394 |
Brais (Sofán) | 25 | 24 | 1,041666667 |