Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Gardu e Diego Estévez levan os Trofeos Pichichi e Pombo da Pref. e 1ª Galicia

Estevez e Gardu Premios Pichichi e Pombo Futbol da Costa 23-24
Estevez e Gardu, Premios Pichichi e Pombo Futbol da Costa 23-24
Gardu e Diego Estévez levan os Trofeos Pichichi e Pombo da Pref. e 1ª Galicia

Remataron as temporadas regulares na Preferente e 1ª Galicia e coma sempre os equipos costeiros miran de esguello os premios da Gala do Fútbol da Costa, que este ano se celebra o 7 de xuño en Santa Comba.

Pichichi

Diego Estevez 10 do SD Fisterra
Diego Estévez, o 10 do SD Fisterra

E así se demostra da pelexa polo Pichichi, vendo como nesta última xornada os dous xogadores que partían con opcións o deron todo para conseguir o prezado balón da Olería de Buño. Finalmente repetirá trofeo Diego Estévez. O fisterrán, que o ano pasado levou o premio xogando do Dumbría, fixo un temporadón na súa volta a casa, e acabou a temporada pelexando ao máximo polo Pichichi. Asinou, de feito, 3 goles, na última xornada ante o Valiño, o que lle deixa cun total de 23 tantos, 2 máis que Juanjo do San Lorenzo, que tamén anotou un par de goles na última ante o Valiño.

O pichichi do Sofán foi Marcos Montero con só 9 goles, o que dá conta do coral que foi este ano o cadro de Pablo Torreira.

PICHICHI PREF e 1ª Goles Partidos Media
Diego Estévez (Fisterra) 23 32 0,71875
Juanjo (San Lorenzo) 21 28 0,75
Elías Ruso (Esteirana) 14 30 0,4666666667
MC (Baio) 11 22 0,5
Isaac Fábregas (Fisterra) 10 17 0,5882352941
Miller (Dumbría) 10 26 0,3846153846

 

O Premio Pombo

Gardu porteiro do Sofan -FotoKatya
Gardu, porteiro do Sofan -Foto-Katya

O premio que lembra a Alex Pombo recae este ano en Carballo. Con tan só 19 anos, para 20, Pablo García Duarte, “Gardu”, leva o trofeo por diante de Anxo Lema (Dumbría), que foi gañador o ano pasado. O carballés, canteira do Sofán dende cativo, pasou polo Bergan en cadetes e Xuvenís, e volveu este ano para a súa casa para disputar a súa primeira temporada como sénior e facer un temporadón en Preferente.

PREMIO POMBO Pref e 1ª Goles Partidos Media
Gardu (Sofan) 34 28 1,214285714
Anxo (Dumbría) 41 30 1,366666667

A regular temporada do resto de equipos evitou que tiveran opcións grandes porteiros como MJ (Esteirana), que xa ten un trofeo de hai 2 anos, o eterno Puyol que se retiraba este pasado domingo tras un bo feixe de temporadas como capi do San Lorenzo (vai seguir na directiva!); Joselu, que volveu á súa casa de Ara Solis, ou os Iván Fraga e Javi Souto que alternaron na meta do Baio.

 

Máis novas

Comentarios