Iván Rojo e Lucas levarán os Trofeos aos Pichichis das Ligas da Costa
Xa co modo #CopadaCosta activado toca tamén poñer en marcha a VIII Gala do Fútbol da Costa QPC. Pronto daremos información sobre a mesma pero polo de pronto iremos debullando os primeiros premios.
E comezamos cos pichichis das dúas Ligas da Costa, a 2ª e a 3ª Galicia, xa rematadas.
Na 2ª Galicia a cousa estivo tremendamente igualada. Finalmente o Trofeo Pichichi da Liga da Costa 2022/2023 será para Iván Rojo (San Lorenzo). O carballés, un xa todo un histórico do fútbol costeiro, suma 30 tantos (marcoulle a todos os equipos esta temporada agás ao Muxía), á espera de que a RFGF actualice a lista oficial de goleadores cun tanto de Iván ao Volantes que o propio colexiado recoñecía cun anexo á acta oficial.
A un só gol queda o fisterrán do Cee Isaac Fábregas, xa con distancia sobre Fran Moreira, Sebas ou Alejo.
Na 3ª Galicia o pichichi tamén chegar de cor vermella. Será Lucas (Porteño) o que recolla o prezado balón da olería de Buño polo Trofeo Pichichi da 3ª Galicia 2022/2023, cos seus 26 tantos en 18 partidos. O novo xogador de apenas 21 anos, natural da Ponte, non poderá xogar a Copa por unha rotura de peroné nun adestramento o pasado 22 de abril, apenas 3 meses despois de terse roto o outro peroné. A pesar diso, en apenas 18 partidos, o goleador foi chave para que o equipo de Cousillas estivese 19 partidos sen coñecer a derrota. Seguro que para o ano que vén dará un paso adiante na súa carreira,despos de rexeitar este ano algunha oferta ata do Laracha para quedar no equipo da casa,
Por detrás quedou o seu compañeiro na Ponte, Alan, e xa máis atrás Charli, Dani Mato, Raúl Antelo, Iago Torres ou Adrián.
Táboa de pichichis da 2ª Galicia
| Xogador | Club | Goles | P. xog. | Media |
| Iván Rojo | San Lorenzo | 30 | 25 | 1,2 |
| Isaac Fábregas | Cee | 29 | 25 | 1,16 |
| Fran Moreira | Muxía | 22 | 27 | 08,,1 |
| Sebas | Castriz | 18 | 27 | 0,67 |
| Alejo | Corme | 17 | 19 | 0,89 |
| Xian | Monte Louro | 17 | 29 | 0,59 |
| Iago | Lema Corcubión | 17 | 30 | 0,57 |
| Djibril | Camariñas | 16 | 27 | 0,59 |
| Manu Nogueira | Muxía | 16 | 29 | 0,55 |
Táboa de pichichis da 3ª Galicia
| Xogador | Club | Goles | P. xog. | Media |
| Lucas | Porteño | 26 | 18 | 1,44 |
| Alan | Porteño | 21 | 26 | 0,81 |
| Charli | Pereiriña | 15 | 24 | 0,62 |
| Dani Mato | Zas | 14 | 20 | 0,70 |
| Raúl Antelo | Baíñas | 14 | 24 | 0,48 |
| Iago Torres | Laxe | 14 | 25 | 0,56 |
| Adrián Pasantes | Camelle | 13 | 18 | 0,72 |
| Rubén | Castrelo | 13 | 23 | 0,57 |
| Álvaro | Nantón | 13 | 26 | 0,5 |