Sábado. 05.10.2024
El tiempo

O F8 pon rumbo á Fase Final da Copa da Costa das Redondas

O Dumbria Benxamins un dos campions
O Dumbría benxamín é un dos primeiros 4 campións do F8 costeiro
O F8 pon rumbo á Fase Final da Copa da Costa das Redondas

O ano que vén será máis doado seguir as competicións de F8, que este ano, por mor da falta de consenso entre clubs, están sendo algo deslabazadas. 3 grupos por categoría, disputados en diferentes épocas do curso, grupos polo título, grupos pola copa… coas miras postas nunha fase final da Copa que si será unha boa festa do fútbol base costeiro.

Unha cita que se celebrará o sábado 11 de maio nas Redondas, despois de confirmarse a petición do cadro cabanés de albergar o evento.

Agora, tralo remate dos grupos 3 e 4 (que deixou 4 campións), disputaranse diferentes fases. Por un lado disputaráse a Fase polo título Alevín e Benxamín entre os dous primeiros clasificados de cada grupo. O resto competirán na fase de clasificación para a copa.

Na Fase final competirán os 4 primeiros da Liga Benxamín, mentres que en Alevíns e Benxamíns, os 8 equipos que pasan á fase final son:

  • Dous primeiros do Gr.3 (Ponteceso e Dumbría en Alevíns; e Dumbría e Xallas en Benxamíns).
  • Dous primeiros do Gr.4. (Outes e Xallas B en Alevíns; e Outes e Esteirana en Benxamíns).
  • O primeiro do Gr.5 (a liga acaba o 5 de maio).
  • Os primeiros dos tres grupos da Liguillla copeira (os grupos rematan o 5 de maio).

Fase Final polo Título

A fase final polo título, cuxo calendario coñeceremos a vindeira semana, comeza o 17 de marzo, e terá 6 xornadas ata o 28 de abril.

  • En Alevíns competirán: Ponteceso, Outes, Dumbría, Xallas B.
  • En Benxamíns competirán: Dumbría, Xallas, Outes e Esteirana.

O campión de cada categoría (ademais do Campión da liga regular Prebenxamín) representá ao Fútbol da Costa na Fase Final Galega.

Fase de Clasificación para a Copa

A liguilla comeza o 17 de marzo e terá 3 grupos por categoría de 4 xogadores, dos que se meterá na fase final o 1º de cada grupo. Os grupos, formados por proximidade, son:

  • Alevíns:
    Grupo A: Xallas A, Cabana, Coristanco, Sofán.
    Grupo B: Dumbría B, Cee, Fisterra.
    Grupo C: Esteirana A, Os Miúdos A, Os Miúdos B, e Outes B.
  • Benxamíns:
    Grupo A: Cerqueda, Coristanco, Sofán A, Sofán B;
    Grupo B: Razo, Camariñas, Cee;
    Grupo C: Os Miúdos A, Os Miúdos B; Carnota e Outes B.

 

Novas do F8

Comentarios