Martes. 16.04.2024
El tiempo

FÚTBOL BASE

O Dumbría Benxamín, o cuarto campión das Ligas F8

Dumbria Campion da Liga Benxamin de F8
O Dumbría Benxamín, o cuarto campión das Ligas F8

Despois dos tres primeiros títulos acontecidos a semana pasada, e a unha xornada do final, xa temos os 4 campións dos grupos 3 e 4 das Ligas de F8. O Dumbría gañaban 2-9 en Camariñas e sumaban os puntos suficientes alcanzar o título do Gr.3 da LIga Benxamín.

Os de Julio Vila suman 3 puntos máis que o Xallas pero contan co golaveraxe individual a favor, e ademais na última xornada reciben ao pechacancelas, o novo Razo.

Con Bob Esponja como mascota, o cadro xa pensa na liguilla polo título e na Copa.

A fase final da Copa, o 12 de maio

Agora os equipos dos Gr.3 e 4 disputarán dúas liguillas diferentes. Por un lado, os dous primeiros de cada grupo, que xa teñen asegurado o seu pase á fase final de Copa, disputarán unha liguilla polo título. Os restantes equipos disputarán unha liguilla, meténdose na fase final os tres primeiros clasificados de cada un dos tres grupos que se formarán.

Unha fase final da Copa da Costa que se desputará o 12 de maio. En Prebenxamíns, os 4 primeiros xogan a Fase Final da Copa. En Alevíns e Benxamíns, os 8 equipos que pasan á fase final son:

  • Dous primeiros do Gr.3
  • Dous primeiros do Gr.4.
  • O primeiro do Gr.5
  • Os primeiros dos tres grupos da Liguillla copeira.

Novas relacionadas

Comentarios