martes. 12.11.2024
El tiempo

Fair play? Pouco e con matices

Imaxe do Ponteceso-Cerqueda da finde-Foto-UD
Imaxe do Ponteceso-Cerqueda da finde-Foto-UD
Fair play? Pouco e con matices
Fair play? Pouco e con matices

O “fair play”, iso co que a todos se nos enche a boca ao pronuncialo, pero que moi poucos son capaces de levalo á realidade plenamente, por moitas campañas televisivas ou das grandes estrellas futbolísticas rogando que así sexa.

O fútbol é un xogo de engaños e de trampas, en cada acción durante os noventa minutos para saír vitorioso do encontro en disputa, sexa do nivel que sea, dende 1ª División ao patio de un colexio.

Considerase xogo limpo botar o balón fóra cando un rival está no chan por un golpe e ti tes a posesión do esférico. Pero iso faise con matices, depende da zona do campo e da situación favorable que teñas, ou do que marque o cronómetro, porque ás veces faste pasar por unha ceguera transitoria e olvidarse do xogo limpo.

Tamén está a outra acción, botas o balón fóra de banda, os rivais gañan o aplauso devolvéndoa, pero cerca da túa área e rapidamente saen a presionarte.

Durante todo o partido hai accions de codazos, provocacións para expulsar o rival, intentar engañar ao árbitro… e en todos esos casos olvídase o fair play. Un penalti a favor que sabes plenamente que é un error arbitral, aí non existe xogo limpo, só a vitoria e tiralo a marcar, salvo algunhas excepcións que en casos semellantes cédenllo despacio ao porteiro. Pero volvemos os matices, normalmente sucede iso cando o equipo que o fai vai gañando.

O fútbol é engano, e o “fair play” é unha cuestión para os puristas. Ao final só se recorda o que vence, non o que intenta facer un deporte sen mentiras.

É algo que ten que saír agora das novas xeracións do fútbol base, o que xoga limpo ten que ser o bo e non o tonto como ocurre aínda a día de hoxe no fútbol sénior.

Hai moito que reflexionar sobre o xogo limpo, e ver se estamos capacitados para facelo plenamente ou seguiremos atrapados nos matices.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios