Domingo. 05.07.2020
El tiempo

FF: O Bergan volve gañar fóra de casa e as Miúdas tópanse ca pichichi

FF: O Bergan volve gañar fóra de casa e as Miúdas tópanse ca pichichi

Unha de cal e unha de area esta fin de semana para as nosas representantes do fútbol feminino. O Bergan recuperaba a senda da vitoria fóra da casa aproveitando a visita ás pechacancelas, mentres as Miúdas, cun equipo de circunstancias, caían ante un Touro que aproveitou o olfato da pichichi da categoría.

A falta de 4 xornadas o Bergantiños fica na 9ª posición con posibilidades de chegar á 7ª praza. Unha 7ª praza que ocupa precisamente o cadro muradán no Gr.2.

 

2ª División, Grupo 2, xornada 22

  • Resultado: Touro - As Miú[email protected] (5-0)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Martina, Bárbara, María, Sara Cubelo, Eva, Marta, Natalia e Pati. Tamén xogaron: Melodi, Irea e Lucía.
As Miudas CF As Miudas CF As Miudas en As Miúdas en Touro

Con so 14 guerreiras viaxaron ata Touro na calurosa tarde de domingo por mor de lesións e compromisos familiares, ante un cadro local que non quixo cambiar o horario.

Saíron as muradás ben armadas atrás, mesmo colocando á pichichi Bárbara de central, para intentar controlar a unha das mellores dianteiras da categoría. Pero non puido, porque Laura Mosquera aproveitou cada despiste da defensa visitante para marcar os 5 goles cos que se pechou o partido. Leva nada menos que 56 goles a pichichi de Touro, polos 22 de Bárbara, a 4ª máxima goleadora do grupo.

Tardaron en adiantarse ás locasi ata a media hora, pero en 3 balóns ás costas facía un 3-0 que rompía o partido.

Co partido moi decantado e cos ánimos tocados polo esforzo sin premio da 1ª parte, saían as costeiras algo máis intensas, pero sen apenas chegar arriba. As locais sentenciaban.

 

2ª División, Grupo 1, xornada 26

  • Resultado: Torre - Bergantiños (0-3)
  • Bergantiños: Lu, Rabuñal, Sabrina, Seo, Paula, Lore, Torrado, Isa (Eva, m.55), Noe (Ale, m.60), Tamy e Cambón (Fariña, m.70)
  • Goles: 0-1: Laura Cambón de vaselina; (descanso); 0-2: Tamy; 0-3: Lucía Cambón.

Bo partido do Bergantiños feminino, ante o colista, que se reencontra coa vitoria fóra das Eiroas. Empezaba o partido coas carballesas presionando intensamente en campo rival e raíz diso chegaba o gol na primeira chegada á portería rival, obra de Laura Cambón cunha bonita vaselina. A goleadora Tamy tamén dispondria dalgunha ocasión para aumentar a vantaja, pero non estaría acertada.
O equipo de Gueli non aproveitaba as súas ocasións e nos minutos finais da primeira parte as coruñesas achegaríanse con certo perigo á portería de Lucía, pero sen marcar gol.

Na segunda parte, o Bergantiños saíu como no inicio da primeira e Tamy, esta vez si, anotaba o 0-2. Este gol sería un duro golpe para o Torre que só chegaba a portería rival nunha ocasión ben contrarrestada pola porteira carballesa Lucía. Cambón facía o seu doblete particular ao finalizar unha bonita contra, e poñía o definitivo 0-3 no marcador.

 

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios