Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades

Myre e Andrea as novidades do Fisober 23-24
Myre e Andrea, as novidades do Fisober 23-24
O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades

Empeza unha campaña, a número, do Fisober FSF. O equip pioneiro en materia de fútbol feminino na comarca (foi creado en setembro de 2004, o ano que vén fan 20 anos) terá 6 equipos en competición, coa novidade da creación do Sénior Masculino, formulado para dar saída os rapaces que veñen competindo nas últimas tempadas nas inferiores masculina. O equipo estréase na Liga 1ª Autonómica Masculina, comeza a liga o fin de semana do 1 de outubro e vai ser adestrado por Dani, un dos adestradores da casa.

Sénior Feminino

A xoia da coroa é o equipo Sénior feminino, que compite na Liga Preferente Galicia Feminina- Autonómica Feminina, tras un temporadón realizado a campaña pasada alcanzando o 2º posto e acariñando o ascenso.

A liga dá comezo esta mesma fin de semana, o 17 de setembro. Os adestradores serán Fran e Iván. As novidades no plantel son as fichaxes de Myre, unha histórica do club que volta despois duns anos, integrante do mítico plantel que logrou o título e o primeiro ascenso a 2ª División Nacional e que tamén participou no segundo ascenso a Nacional.
A outra novidade é Andrea Romero, tamén con traxectoria en inferiores co Fisober e que volta ó club despois duns cantos anos.

Continúan no plantel da última campaña: Ana, Paula Fandiño, Nuriña, Adriana, Saray, Sharay, Patri Romaní e Barca. De momento estas son as compoñentes. O primeiro partido dispútase coma local aínda sen decidir horario, nen lugar e o rival vai ser un recén descendido de 2ª División Nacional como é o 5 Coruña.

Base

Varios son os equipos de base que sacará o club costeiro/dumbriés:

  • O cadete masculino vai competir na máxima categoría do fútbol sala da súa idade despois do brillante ascenso da pasada tempada. Todo un División de Honra para un conxunto costeiro que estará dirixido por Ana e Sharay e tamén comeza este fin de semana.
  • Na Liga 1ª Autonómica Infantil masculina competira o equipo adestradoado por Javi e Juan, nunha liga que dará comezo o fin de semana do 15 de outubro.
  • Na Liga Galega Alevín feminina aparece outro dos conxuntos do Fisober. Un conxunto adestrado por Paula e Adriana, nunha liga que dará comezo o fin de semana do 1 de outubro.
  • Na Liga Comarcal alevín, o Fisober sacará outro conxunto, desta volta, adestrado tamén por Javi e Juan e sen data fixa para o seu comezo, aínda que se prevé que sexa a finais de outubro.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios