O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza

Sen premio remata esta magnífica temporada para o Fisober, tras acabar no segundo posto e pelexando o título ata o final. Nunha temporada na que fixo o seu record histórico de puntos na categoría e acadou a súa segunda mellor clasificación tamén en dita categoría.
Liga Autonómica - Preferente, xornada 30
- Resultado: FISOBER FSF – CIDADE DAS BURGAS B (3-1).
- FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Nuriña; tamén xogaron: Mai, Saray, Uxía, Lucía Martínez.
- Goles: 1-0 min 4 Patri, 2-0 min 15 Adriana, (descanso) 2-1 min 27 Dunia, 3-1 min 35 Patri.

Ultima xornada no Conco, e partido sen historia, para disfrute da bancada despois dun temporadón que queda sen premio. Como ningún se xogaba nada ambos adicáronse a intentar disfrutar e dar minutos as súas xogadoras. O que primeiro pegou foi o Fisober cun gol de Patri despois dun disparo cruzado. No minuto quince unha xogada de Patri que cedía para Adriana para facer o dous a cero a prol das locais.
A volta de vestiarios minutos para as costeiras e mesmo guión. Nada mudaba ata que no minuto 27 Dunia facía o gol visitante para apretar o electrónico. Pero no minuto 35 Patri facía o tres a un e o último gol da tempada para as de Fran Toba.
NOVAS DO FUTFEM
MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- FSF: O Fisober déixase medio ascenso na casa.
- FSF: A loita polo título e o ascenso segue máis que viva.
- FSF: O Fisober segue con opcións intactas ao titulo a falta de 4 xornadas.
- O Fisober segue gañando.
- FSF: O Fisober segue colíder pelexando pola Promoción.
- Tropezo do Fisober na casa.
- No Fisober #Xogamostodas.
- O Fisober deixa vivo ao Meigas.
- O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.