O Fisober marcha de Dumbría para poder seguir medrando
10 anos incribles pasou o Fisober FSF en Dumbría. Pero o crecemento do conxunto referente en materia fútbol sala (este ano competiron con 4 equipos pero formulan a posibilidade de sacar dous ou mesmo 3 equipos novos de base) obrígalle a buscar novos rumbos. O Fisober necesita máis horas de pavillón e o Conco non dá para máis. Así que tanto a dirección do club como o Concello acordaron, sempre dende o entendemento e nunha demostración de que as cousas se poden facer de boas maneiras.
I é que xa saben que Fisober signifcia “Fisterra, Soneira, Bergantiños”, e como nos contaba Fran Toba nas Xornadas do FUTFEM, é un equipo con sede comarcal. O equipo naceu en 2004 de feito, en Vimianzo, estivo moitos anos adestrando en pistas de Bergantiños, pasou por Dumbría, e agora, o club busca pechar unha nova base. Soan Cee e Vimianzo pero pronto o saberemos. En calquera caso, o poliderportivo do Conco seguirá estando á disposición do club comarcal cando o necesite, segundo no confirman dende o Concello de Dumbría.
O club despedíase co este comunicado:


