Venres. 26.04.2024
El tiempo

O que valen os goles: Fisterra, Mazaricos e Corcubión, grandes protagonistas da xornada

Corcubion celebrando o titulo en Camelle
Corcubion celebrando o título no Rodeiro
O que valen os goles: Fisterra, Mazaricos e Corcubión, grandes protagonistas da xornada

Despois de coñecer un novo trío de campións do Fútbol Base trala xornada sabatina, quedounos un carrusel de infarto. Sobre todo na 1ª Galicia, nunha última xornada na que o Mazaricos se xogaba o pase á fase de ascenso ante o Tordoia. Os de Dani Calvete enfrontábanse ao Belvís, e levaban un gol no golaxeraxe xeral de vantaxe. Pero o Mazaricos, que se enfrontaban ao Ponteceso no PInguel, conseguiron darlle a volta vencendo por 1-5 e sumando 2 goles máis que o Tordoia.
Deste xeito, o Mazaricos acompañará a Negreira e Baio na seguinte fase.

Pero a xornada tamén foi clave na Preferente, onde a vitoria pola mínima do Fisterra e a derrota do Pino permítelle ao cadro fisterrán asegurar a Fase de Ascenso.

Na Liga da Costa, o Outes era quen de arrincarlle os primeiros dous puntos á Esteirana. O Muxía goleou ao Lira e o Camariñas non aproveitou o descanso do Muros (onde Felipe Candamo deixaba o banco) caendo o sábado ante o Baíñas.
Polo Norte, a cousa está aínda máis aberta. O choque da semana era o Castriz-Coristanco, cando do lado dos xalleiros que se manteñen no primeiro posto e amplían renda ante os coristanqueses, os grandes perxudicados da xornada, pois o San Lorenzo era quen de vencer pola mínima ao Cerqueda. Quedan dúas xornadas de infarto entre os 4, sen enfrontamentos directos pero con xornadas de descanso para Castriz e San Lorenzo.

Rematou tamén a, co golaveraxe xeral como definitorio. O Corcubión vencía pola mínima en Camelle e o Porteño necesitaba 5 goles para superalo na táboa, pero só conseguía 3, quedando o Corcubión como campión da liga regular.
En calquera caso, a clasificación desta primeira fase non é demasiado determinante para a segunda, que será unha liguiña que enfronte aos equipos do seguinte xeito, partindo, iso si, con certa puntuación por posición:

  • A1: 1º, 4º, 6º, 8º e 10º;
  • A2: 2º, 3º, 5º, 7º e 9º.

Tamén no Futfem, o Bergan rematou a primeira fase vencendo e demostrando porque son as campioas do grupo, mentres que na 2ª, o

<ul><li>A1: 1º, 4º, 6º, 8º e 10º;</li>
<li>A2: 2º, 3º, 5º, 7º e 9º. </li></ul>

venceu o derbi ante as Miúdas, e asegura o ase á segunda fase. Tamén o Cerqueda se achega ao fito, mentres o Xallas tamén sumaba unha nova vitoria..

Comentarios