Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sofán xuvenil, Dumbría cadete e Xallas Infantil protagonistas da xornada sabatina no fútbol base

Dumbria da Liga Galega Cadete 2022
O Dumbría de Liga Galega Cadete
Sofán xuvenil, Dumbría cadete e Xallas Infantil protagonistas da xornada sabatina no fútbol base

A xornada sabatina deixa varios protagonistas. En sénior o Baíñas sorprendía vencendo no Hermanas Patiño alonxando ao Camariñas da fase de ascenso.

Sofan Xuvenis
Xesta do Sofán Xuvenil. Foto: Sd Sofán

Na base está a chicha deste sábado, comezando polos Xuvenís da SD Sofán, que vencían a finalísima adiada a semana pasada ante o Cabana e se cola na fase previa á fase de ascenso á Liga Galega. Os de Barca, cun empate en Corme na última xornada, asegurarían o título (emulando á Esteirana no grupo sur), e teñen asegurado xa o pase pois en caso de triplen empate (se perde en Corme e vencen Xallas e Cabana nos seus choques), ten a mellor bagaxe.
Sobre o papel, non debería fallar o Sofán en Corme (aínda que o cadro cormelán apenas se caeu da loita a semana pasada cun tropezo no Pinguel), e vencen Xallas e Cabana, pasaría tamén á Fase Previa á Fas de Ascenso á Liga Galega Xuvenil o Cabana, que ten o golaxeraxe individual a favor.

Precisamente na Liga Galega Cadete temos outro dos protagonistas, o CF Dumbría que venceu o seu partido ante o Imperátorm cun tanto de Gabi Goyes, e loitará por subir á División de Horna. Os de Huelvis rematan a temporada nun meritorio 6º posto, pero ao haber 3 filiais por enriba (Xuv. Oroso B, Conxo B e Ural B), meterase entre os 3 primeiros.

Ademais, en Infantís Xallas e EFM Vimianzo xógabanse o título no municipal vimiancés. Os xalleiros de Eloy vencían 0-2 e confirman o título, como xa fixo o Outes no Gr. sur.

Xallas Infantil
O Xallas Infantil gañou en Vimianzo e se proclama campión de grupo

Novas relacionadas

Comentarios