mércores. 15.01.2025
El tiempo

O freestyler Álvaro López visita Malpica para ensinar os seus mellores trucos

Alvaro Lopez en Malpica futbol freestyle
O freestyler Álvaro López visita Malpica para ensinar os seus mellores trucos

Este sábado 28, ás 20:00h, Malpica de Bergantiños será o escenario dunha actividade única e excepcional. O freestyler Álvaro López, tricampión de España nesta disciplina, achegarase ao municipio para compartir o seu talento e ensinar trucos nunha sesión que promete ser inesquecible para os amantes do deporte e para aqueles que desexen iniciarse nesta espectacular práctica.

A actividade, organizada pola Concellería de Deportes, está deseñada para que os asistentes poidan gozar dunha  xperiencia exclusiva e moi pouco habitual, xa que poucas persoas teñen a sorte de presenciar e aprender directamente dunha figura tan destacada como Álvaro López.

A concelleira de Deportes de Malpica, Noelia Freijeiro, destacou a relevancia deste evento: “É unha honra para nós contar cun deportista do nivel de Álvaro López en Malpica. Este tipo de iniciativas buscan achegar deportes innovadores e espectaculares á nosa veciñanza, especialmente á mocidade. Queremos seguir fomentando unha programación deportiva
variada e de calidade, e esta actividade é un exemplo perfecto desa aposta”.

Comentarios