xoves. 23.01.2025
El tiempo

O Baíñas organiza un Partido Solidario en favor de Mi Princesa Rett

Partido Solidario Bainas Sindrome Rett
Partido Solidario Bainas Sindrome Rett
O Baíñas organiza un Partido Solidario en favor de Mi Princesa Rett

En breve anunciaremos os Partidos Solidarios dos Combinados da Costa-QPC, pero xa temos unha cita para este Nadal. O CD Baíñas organiza un partido contra o SD Camelle para o sábado 28 de decembro, no Municipal de Vimianzo.

Un partido que terá, como xa aconteceu o ano pasado no Partido Solidario do Combinado masculino no Pinguel, en favor da Asociación Mi Princesa Rett, pensando en poder axudar á pequena e brava pontecesá Daniela Novo Garrido.

Dende o Baíñas invita a colaborar con publicidade, con doazóns, ou mesmo no campo. Podes contactar nos 646 53 83 19 ou. 627 77 86 98. “Axúdanos a marcar o gol máis importante: o da solidariedade”!.

 

Máis novas

Comentarios