Martes. 19.03.2024
El tiempo

FSF: O Amarelle Santa Comba rubrica o título de liga ante o filial do Fisober

Amarelle Santa Comba Campionas da Liga Provincia 1 Galicia de FSF
Amarelle Santa Comba Campionas da 1ª Galicia
FSF: O Amarelle Santa Comba rubrica o título de liga ante o filial do Fisober

O Amarelle Concello de Santa Comba proclamouse campión de liga 1ª Galicia, antiga Liga Provincial Feminina, despois de golear ao Fisober FSF B no derbi da Costa da Morte. As xalleiras non deron opción ao único equipo que as superou esta tempada, e puideron celebrar na casa, no pavillón de Fontenla, o título de Liga aínda coin dúas xornadas de marxe.

Polo demais, o Atletes sufría unha derrota demasiado abultada tras aguantar moi ben a primeira metade ante o 5 Coruña.  E xa na Preferente, o Fisober caía de novo.

1ª Galicia, xornada 16

Familia do Amarelle Santa Comba

  • Resultado: Amarelle Concello de Santa Comba - Fisober B (10-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Alba, Tania, Ge, Nuria (cinco inicial), Andrea, Violeta, Carla, Leti, Elsa, Paula, Aroa.
  • Fisober FSF B: Naira, María Maroñas, Andrea, Sharay, María Villaverde (cinco inicial), Saray, Lucía, Nerea, Serena.
  • Goles: 1-0 Alba (min. 1); 2-0 Nuria (min. 11); 3-0 Andrea (min. 12); 4-0 Carla (min. 18); 5-0 Violeta (min. 26); 6-0 Carla (min. 30); 7-0 Nuria (min. 33); 8-0 Andrea (min. 42); 9-0 Alba (min. 45); 10-0 Carla (min. 48).

Equipo do FIsober B ante o Amarelle Santa Comba

Na primeira parte, o partido daba comezo cun Viaxes Amarelle atacando ao seu rival e xerando a primeira ocasión nos primeiros segundos; e así de súpeto chegó o 1-0, cun tanto anotado por Alba. O rápido gol, prevía un partido fácil para as xalleiras, e aínda que o intentaron con constantes chegadas nos minutos posteriores; o 2-0 non chegou ao marcador ata a medianía do primeiro tempo cun gol de Nuria, e case sen tempo a celebralo, Andrea facía o 3-0. Ao descanso o partido marcharñiase case decidido cun claro 4.0.

Na reanudación, o conxunto visitante non era capaz de poñer en perigo a portería as locais, e as locais, sen baixar a marcha, rubricaron a goleada.

Este amplo marcador daba os tres puntos ao conxunto xalleiro, e finiquitaba así o título de liga Primeira Galicia Feminina FS.

AmarelleSantaComba-Fisober_13

1ª Galicia, xornada 16

  • Resultado: A.D. Athletés - Academia Red Blue 5 Coruña (2-7).
  • A.D. Athletés FSF: Julia (P); Mari; Cris; Saray; Laura; Antía (2); Ana; Sara C.

Partido xogado no Pabellón de Esteiro en unha tarde soleada con moi boa entrada no Pabellón Municipal de Esteiro. Partido xogado de poder a poder na primeira metade, pois as herculinas, en teoría superiores, toparon con un Athletés que lle prantou cara dende o comezo. As locais suxetaban ben as xogadoras base do 5 Coruña, e non as deixaban saír tocando. Nun deses roubos as locais provocaban un penalti que Antía non desaproveitaba.

As esteiranas confíanse, e o 5 Coruña apreta; como resultado, nunha xogada sen perigo, unha perda de balón cerca da área das locais, a mellor xogadora das visitantes, María Elena, marca o empate. O Athletés non consegue poñer orden, e as visitantes insisten sobre a portería das locais, e pronto marcan o segundo. Aí conseguen de novo igualar forzas as locais, que volven empatar antes do descanso, de novo por un penalti que transforma Antía por unhas mans tras un tiro de Sarauy.

A segunda metade xa foi totalmente diferente a primeira. As esteiranas, sen fondo físico, totalmente desfondadas, non aguantan o ritmo do 5 Coruña. Un parcial de 5 a cero na segunda metade, di ben as claras o dominio absoluto das forasteiras.

Preferente Galicia, xornada 19

  • Resultado: TERRA DE CELANOVA F.S.F. – FISOBER F.S.F. (5-2).
  • Fisober: Adriana, Ana, Paula Fandiño, Nuriña, María Dumbría; tamén xogaron: Mai, Carre, Noe.
  • Goles: 1-0 min 9 Bibi, 2-0 min 12 Mónica, 2-1 min 23 Paula Fandiño, 3-1 min 26 Vane, 4-1 min 27 Vane, 4-2 min 30 Noe, 5-2 min36 María.

Choque do Fisober ante o Celanova na ida no Conco

Choque do Fisober ante o Celanova na ida no Conco

Saíu moi intenso o equipo local e nos primeiros minutos xa tivo que intervir en varias ocasións Adriana que desta vez tivo que participar coma porteira. Un equipo local moi intenso facía sufrir as costeiras. A primeira gran ocasión das costeiras foi un envío longo de Paula Fandiño para Mai pero a porteira evitaba o seu gol ata en dúas ocasións. Empezaba a desperezarse o Fisober e despois dun saque de esquina Noe envíaba ao pau. Pero mediada esta primeira metade unha contra local era rematada por Bibi para o un a cero.

O partido tornouse de ida e volta e Nuriña tiña unha boa ocasión a pase de Carre. Aínda que as mellores ocasións corrían para as locais que se atopaban cunha Adriana moi inspirada na portería. Ata que Mónica facía o segundo local. Co ese gol o Fisober cambia o partido e aposta polo xogo de cinco adiantando a Adriana. O partido trocaba o seu guión con esta decisión e de novo Mai, Noe e Nuriña non eran quen de empatar.

A segunda metade inicia coma a primeira cun Celanova apretando moito, aínda que ao pouco da reanudación Paula Fandiño recurta distancias de penalti. O Fisober volvía a mellorar e Ana acariñaba o empate nas súas botas. Rompíase o partido e voltaba o dominio do Celanova que vía como dous goles case seguidos de Vane poñían moi costa arriba o encontro para as costeiras. Aínda con tempo para o fin Noe anotaba o catro a dous e con el as costeiras voltaban o xogo de cinco. E voltaba a ter Mai unha gran ocasión. Nuriña por partida dobre tamén estivo a piques de logralo. Pero unha contra local mataba definitivamente o partido co quinto.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios