Martes. 19.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

FSF: Vivido empate no derbi costeiro de 1ª

Un gol do Atletes dentro do último minuto deixou un empate xusto no derbi costeiro da 1ª Galicia, ante un gran filial do Fisober. Foi o choque máis intenso da fin de semana. Pola súa parte as xalleiras do Amarelle Concello de Santa Comba continúan intratables cunha nova goleada sobre TCA Instalacións FS Pontedeume.

Na Preferente, partido raro o disputado o venres no Conco, no que a actuación de Lía mantivo con opcións ata o último segundo para o Fisober pero os últimos minutos de cada parte foron unha lousa para as de Fran Tobaa, antes do parón da semana nas ligas nacionais e autonómicas.
Precisamente na máxima categoría, parece clara a recuperación do Viaxes Amarelle de Inés e Patri, que sorprendían ás 3ª clasificadas.

Maria Maronas e Antia a capi do Atletes na primeria volta
Maria Maronas e Antia a capi do Atletes na primeria volta
FSF: Vivido empate no derbi costeiro de 1ª

Preferente, xornada 18

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – CIDADE DE PONTEVEDRA (2-3).
  • FISOBER: Lía, Ana, Adriana, Paula Fandiño, Laura; tamén xogaron : Nuriña, Mai, María Dumbría, Kenny, Carre.
  • Goles: 1-0 min 17 Adriana, 1-1 min 19 Sandra, 1-2 min 19 Leti; (descanso) 1-3 min 38 Leti, 2-3 min 39 Noe.

Lia protagonista do partido do Fisober

A noite era fría e así comezou o partido con dous equipos sen moito ritmo de inicio. Así foron pasando os primeiros minutos, ata que pouco a pouco as pontevedresas ían avisando. Adriana tiña a primeira para as locais, pero parecía claro que a protagonista do día ía ser a meta costeira, Lía.

Ata que por fin se rompeu o marcador cando nunha gran combinación local a pouco máis de tres para o fin Adriana remataba e o balón pegaba ao fin en Heba para adiantar as costeiras co un a cero. E pouco despois a mesma Adriana a piques estivo de aumentar diferencias. Respostou de novo a visitante Leti. E cando parecía que se ía chegar con triunfo local ao tempo de lecer todo trocou. Primeiro a cincuenta segundos do fin cun gol de Sandra. E logo a dezaioto cun golazo de Leti para darlle a volta ao electrónico e levar as da cidade do Lérez en ventaxe aos vestiarios. Un duro golpe para as costeiras.

A volta de vestiarios iniciouse con dous perigosos cabezazos da local Ana que non chegaron a bo porto. Os minutos pasaban pero non sucedía nada que cambiara o guión. Aos cinco minutos a xogadora do Cidade, Sandra tiña unha boa ocasión. Mediada a segunda metade, primeiro Laura e despois Marga atopábanse con Lía. Heba e Kenny tampouco acertaban nunha área e Lía mantiña viva aos costeiras na outra. Cando as costeiras tiñan preparada a Adriana para o xogo de cinco, unha contra visitante era finalizada por Leti co un a tres a minuto e corenta segundos para o fin.

Parecía que o partido estaba dictado para sentenza pero nada máis lonxe da realidade. As locais sacaron o xogo de cinco e a xusto un minuto do fin Noe aproveitaba un rexeite da porteira para facer o dous a tres.
E tan só uns segundos despois un novo roubo local remataba cun lanzamento de Noe ao pau cando a grada xa cantaba o gol do empate. Intentouno o Fisober nos últimos segundos pero non foi quen da igualada.

Ana co balon no Fisober

1ª Galicia Feminina., xornada 14

  • Resultado: Amarelle C. Santa Comba - TCA Instalacións FS Pontedeume (8-0)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Violeta, Ge, Carla, Andrea (cinco inicial), Sandra, Tania, Paula, Nuria, Leti, Elsa, Aroa.
  • Goles: 1-0 Carla (min. 2); 2-0 Nuria (min. 17); 3-0 Tania (min. 18); 4-0 Sandra (min. 20); 5-0 Tania (min. 20); 6-0 Andrea (min. 29); 7-0 Leti (min. 30); 8-0 Elsa (min. 45).

O Pabellón Municipal de Fontenla acollía sétima vitoria consecutiva na Primeira Galicia Feminina FS do Amarelle Santa Comba logo de impoñerse como local, fronte ao colista da competición, TCA Instalacións FS Pontedeume. As xalleiras apenas tiveron complicacións para facerse cos tres puntos, fronte un rival que acudía xusto de efectivos ao encontro; e terminaron o tempo reglamentario cunha vitoria das locais por un marcador de 8-0.

1ª Galicia, xornada 14

  • Resultado: ATLETES – FISOBER B (3-3)
  • ATLETES: Julia (P); Mari; Cris; Saray; Martina (1); Laura; Antía (2); Ana; Ainoa.
  • FISOBER B: Sharay, Kenny , Nerea, María Maroñas, Serena ; tamén xogaron : Lucía Canosa, Lucía Martínez, Andrea, Lucía Rodríguez, Naira.
  • Goles 1-0 min 9 Martina, 1-1 min 15 Lucía Martínez, 1-2 min 18 Kenny, 1-3 min 22 Nerea, (descanso), 2-3 min 35 Antía, 3-3 min 49 Antía.

Media entrada nas bancadas do pavillón de Esteiro para ver este derbi costeiro de 1ª. UN encontro moi disputado e bastante agradable para o público.

Saía o equipo local con bastante intensidade facendo xogar ao filial do Fisober dentro do seu campo. O Fisober mantense moi firme atrás, lanzando contas moi rápidas da man de Kenny. Chegaban máis as locais e tras dúas ocasións, Martina abría o marcador de cabeza. Seguía apretando e creando ocasións o Atletes pero nunha boa contra, unha combinación entre Kenny e Lucía Martínez remataba co gol da igualada desta última. O primeiro en Primeira Galicia da xogadora infantil.

Chegaban aí os mellores minutos do Fisober, e Kenny conseguía facer o segundo. Respostaba o Atletes creando ocasións pero atopábase cunha inspirada Sharay na portería e nun contragolpe unha xogada individual de Kenny remata co seu tiro que toca os dous paus pero aparece Nerea para aproveitar o rexeite e marcar. Tamén foi o primeiro gol na categoría da infantil Nerea.

Comezaba a segunda metade co Atletes volcado, con Antía e Martina como protagonistas obrigando a Naira a facer varias intervencións. Froito deste dominio, Antía, a mellor das locais, con un tiro seco e forte fora da área das visitante, marca o segundo gol do Athletés. O dominio local faise intenso pero o Fisober mantense firme atrás. Por momentos recuperan folgos o Fisober, pero o Atletes loitaba a o pitido final. E a medio minuto para o remate, cando parecía que ía levar os puntos, sobre a bocina, unha xogada pola izquierda de Antía, de tiro raso o forte, dispois de tocar no poste dereito do marco do Fisober, consigue o empate a tres, marcador final do partido. Ainda Laura, faltando tres segundos para o final dispuxo dunha ocasión a porta vacía para ganar o partido, pero o seu tiro saíu por fóra da porta das visitantes.

Liga Foro 16 Feminismo. Xornada 17

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - AE Penya Esplugues (5-3)
  • Viaxes Amarelle FSF: Aida Yáñez, Martita, Iraia, María Gómez, Reneé (cinco inicial), Patri, Irune, Inés Suárez.
  • Goles: 1-0 Reneé (min. 1); 1-1 Arantxa (min. 8); 1-2 Patri (propia porta) (min. 13); 2-2 María Gómez (min. 16); 3-2 Irune (min. 33); 4-2 Irune (min. 33); 4-3 Alicerce Ribes (min. 34); 5-3 María Gómez (min. 37).

Menuda vitoria das herculinas o pasado sábado ante as 3ª. O equipo de Jorge Basanta, abrio rápido o marcador, pero as catalás conseguiron dar a volta e poñerse por diante. As herculinas moi serias en defensa, cunha gran actuación na portería de Aida Yáñez e un perfecto acerto nos últimos metros acabaron dando a volta ao partido para levarse tres importantes puntos, tras gañar por un marcador de 5-3.

amarelle-penya_12

Toda a info do FSF Costeiro

 

Comentarios