FSF: O Fisober deixa vivo ao Meigas

Tras primeira volta cos seus mellores números da historia, o Fisober arrincaba a segunda metade da temporada cun empate no Conco ante as colíderes, o Meigas. Un resultado que deixa ao cadro de Fran Toba con 3 puntos de vantaxe pero cun partido máis, e o Meigas co average particular ao seu favor.

Liga Autonómica Preferente, xornada 17

  • Resultado: FISOBER FSF - FC MEIGAS (2-2).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; tamén xogaron: Mai, Saray, Adriana, María Dumbría, Lucía Martínez.
  • Goles: 1-0 min 17 Barca, (descanso); 1-1 min 31 Saray en pp, 2-1 min 32 Paula Fandiño, 2-2 min 38 Paula.
Mai

Ambientazo no Conco para ver o choque entre as líderes. O encontró comezou cos dous equipos temerosos sin asumir demasiados riscos conscientes do que se xogaban. O dominio era do Fisober pero sen demasiada profundidade e o Meigas priorizaba a súa defensa a media pista. Os minutos pasaban e aínda que os roubos na presión do Fisober facíanlles ter algunha que outra ocasión pero que desfacía Uxía na portería visitante. E cando parecía que se ía chegar con igualada ao tempo de lecer, un roubo local e un balón a Patri rematou co centro desta para que Barca definira para poñer o un a cero no electrónico ante o delirio na pista e nas gradas.

A volta de vestiarios o partido mudou algo xa que o Meigas decidiu dar un paso adiante e comezou a chegar máis a porta de Sharay. Pero as chegadas visitantes eran desfeitas por Sharay con solvencia. O Fisober era ahora o que chegaba a contra. Tamén aparecían ocasións locais despois de roubos na presión pero Uxía seguía tamén moi segura. E así mediada esta segunda metade unha chegada por banda do Meigas con centro de María era desviado por Saray cara a súa portería para facer o un a un.
Pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que tan solo un minuto despois unha combinación do Fisober era rematada por Paula Fandiño para poñer o dous a un no electrónico. O Meigas voltou a dar un paso adiante na busca da igualada, mentras que o Fisober buscaba algunha contra para pechar o partido.
Nos últimos dous minutos intentouno o Fisober pero sen acadar premio e o partido rematou co empate a dous no electrónico.

A vindeira xornada o Fisober viaxa para visitar ao Atl. Arnoia.

Novas do FUTFEM

Máis crónicas do FSF.