Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo

Gol do Fisober en 2023
FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo

Recibía este sábado o Fisober no Conco ao Terra de Celanova para comezar o ano como o rematou, cun importante triunfo ante o que era o equipo que o perseguía na clasificación e era o terceiro na táboa e que viña dun impresionante triunfo ante o Meigas que non perdera partido.

Liga Autonómica-Preferente, xornada 14

  • Resultado: FISOBER FSF – TERRA DE CELANOVA FSF (4-3)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Ana, Saray; tamén xogaron: Paula Fandiño, Barca, Mai, Lucía Martínez, María Dumbría.
  • Goles:1-0 min 6 Paula Fandiño, 1-1 min 9 Cintia , (descanso), 2-1 min 24 Barca, 3-1 min 27 Barca, 4-1 min 29 Ana, 4-2 min 31 Cintia, 4-3 min 32 Cintia.
Maria co Fisober
Maria co Fisober

O Fisober saiu un pouco nervioso ao encontro consciente da importancia do rival pero en canto se sacudiron eses nervios iniciais pasaron a dominar o partido. Aos cinco minutos era Paula Fandiño a que abría o electrónico a favor das costeiras. Pouco lle durou a ledicia as locais xa que unha vella coñecida costeira coma Cintia facía a igualada aos nove minutos. Unha Cintia sempre atenta para pescar calquer erro.

A volta dos vestiarios as locais propuxeronse sacar o partido adiante. E así foi xa que logo aos catro minutos da reanudación Barca voltaba poñer por diante as costeiras despois dun servicio de Ana. Uns minutos despois de novo Barca facía o terceiro gol local cunha pequena colaboración da omnipresente Cintia.
Mediada a segunda metade a capitana costeira Ana facía o cuarto gol local que parecía sentenciar o partido. Nada máis lonxe da realidade xa que en apenas dous minutos primeiro Cintia e logo Paloma poñían o catro a tres nun abrir e pechar de ollos. O partido estaba aberto, aínda que as locais seguían a dominar e ter ocasións que a porteira visitante rexeitaba ao igual que na primeira metade a máis destacada do partido, mentras que Sharay saía moi ben aos balóns longos que mandaban a contra.

Pasaron os minutos e aínda que o marcador xa non se moveu as locais tiveron ocasións para matar o partido e como non o fixeron o Celanova aínda deu un último susto.

A vindeira semana tocalle viaxar a Ourense ao Fisober para visitar ao Cidade das Burgas B e por fin a primeira volta.

Novas do FUTFEM

Máis crónicas do FSF.

Comentarios