FSF: O Fisober remata a primeira volta colíder cos mellores números da súa historia

Colíder e con 9 puntos de vantaxe sobre o 3º. Así rematan a primeira volta as costeiras do Fisober, tras vencer con rotundidade en Ourense ante o flilial do Cidade das Burgas, ratificando así a mellor primeira volta da súa hisstoria na categoría (incluíndo os anos do título e ascenso)
LIGA AUTONÓMICA- PREFERENTE GALICIA, xornada 15
- Resultado: CIDADE DAS BURGAS B – FISOBER FSF (4-8)
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén xogaron: Patri, María Dumbría, Ana, Mai.
- Goles: 0-1 min 2 Paula Fandiño, 0-2 min 5 Adriana, 0-3 min 12 Patri, 1-3 min 13 Lucía, 1-4 min 17 Patri, (descanso), 2-4 min 21 Dunia, 3-4 min 21 Dunia, 3-5 min 24 Patri, 3-6 min 29 Patri, 4-6 min 31 Dunia, 4-7 min 36 Barca, 4-8 min 38 Patri.
Iniciou moi forte o Fisober ca intención de colleitar tres novos puntos para finalizar a primeira volta. E así era Paula Fandiño a que abría o electrónico para o conxunto costeiro. Así e todo seguiron con forza as xogadoras do Fisober e así era Adriana a que facía o segundo. Mediada esta primeira metade era Patri a que facía o terceiro e poñía un oco ante ambos equipos. Pero o xove e combativo conxunto local non se rendía e recurtaba distanzas cun gol de Lucía. Era de novo Patri a que acercándose ao tempo de lecer a que facía o cuarto gol visitante.
O cadro local metía dous goles consecutivos á saída dos vestiarios pero Patri non estaba disposta a que as costeiras non se levaran os tres puntos e con dous goles voltaba a poñer terra de por medio para poñer o tres a seis no electrónico. O partido xa estaba controlado.
Novas do FUTFEM
Máis crónicas do FSF.
- FSF: O Fisober comeza o ano como o viña facendo.
- O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria.
- FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.