Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober segue vencendo

Gol do Fisober
FSF: O Fisober segue vencendo

Recibía este sábado nas ID de O Conco en Dumbría o Fisober ao Ribeiro do Avia, e as costeiras deron un importante impulso ante un difícil rival que nunca se rendeu e compricou as cousas unha e outra vez. Así o Fisober segue ca súa boa xeira de resultados unha semana máis.

PREFERENTE GALICIA- LIGA AUTONÓMICA, xornada 8ª

  • Resultado: FISOBER FSF – RIBEIRO DO AVIA FC (4-1).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Patri, Nuriña; tamén xogaron: Barca, Mai, Claudia, Lucía Martínez, Ana, María Dumbría.
  • Goles: : 1-0 min 4 Adriana, 2-0 min 19 Barca; (descanso), 3-0 min 26 Barca, 3-1 min 32 Nerea, 4-1 min 33 Adriana.

O partido foi igualado como se previa e moi do agrado dos espectadores. Os dous equipos querían sacar algo positivo deste partido e batallaban sen cesar. Pero quen puxo en vantaxe as súas foi a local Adriana para facer un importante un a cero que deu moita tranquilidade ao conxunto dirixido por Fran Toba. Aínda así as visitantes non se renderon e foron a máis co paso dos minutos, aínda que as costeiras tamén tiñan as súas e mantiñan a porta de Sharay a cero.
Cando parecía que se ía chegar co resultado de un a cero ao tempo de lecer apareceu Barca para facer un importante gol que poñía dous goles de vantaxe para o Fisober dentro xa do último minuto da primeira metade.

Barca Toba e Fran Toba co Fisober no Conco
Barca, vixiada polo míster Fran Toba, foi clave

A volta dos vestiarios o guión non mudou con dous equipos moi concentrados. Pero novamente apareceu Barca para facer o seu segundo gol e poñer o terceiro para as costeiras que parecía matar o partido.
Nada máis lonxe da realidade as visitantes non se renderon e incluso dobraron esforzos na busca de reducir diferenzas poñendo en moitas dificultades as locais. Algo que lograron mediada esta segunda metade. Pero un novo gol de Adriana para completar o seu dobrete tan solo un minuto despois foi a auga que calmou as brasas visitantes.
Dende aquí ata o final xa non se moveu máis o electrónico quedando novamente os puntos en Dumbría o que estira a boa xeira de resultados do Fisober.

Máis crónicas do FSF.

Novas do FUTFEM

Comentarios