FSF: O Fisober tamén golea en Balaídos

Viaxaba a Vigo o Fisober esta pasada fin de semana para enfrontarse ao Balaídos CF no Pavillón do Berbés. E voltaba con vitoria, continuando boa xeira de resultados que as manteñen na segunda posición da táboa.
PREFERENTE GALICIA- LIGA AUTONÓMICA, xornada 9
- Resultado: BALAIDOS CF – FISOBER FSF (0-3).
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Mai; tamén xogaron: Adriana, María Dumbría, Barca, Nuriña, Lucía Martínez.
- Goles: 0-1 min 17 Patri, (descanso), 0-2 min 23 Paula Fandiño, 0-3 min 23 Paula Fandiño.
Custoulle o inicio do partido as costeiras que non atopaban o xogo, nin a fluidez ante as locais que opuxeron moita resistencia na primeira metade. Ata que no minuto 17 aparecía Patri para poñer en vantaxe as costeiras e darlle novos pulos as visitantes antes de chegar ao tempo de lecer.
A volta de vestiaros as rapazas do Fisober saíron con outro ritmo e outra confianza, quizais grazas ao gol postreiro na primeira metade. E no minuto 23 Paula Fandiño facía o segundo gol visitante. Case sen tempo para dixerilo voltou a marcar de novo Paula Fandiño para matar quizais definitivamente o partido.

A vindeira xornada o Fisober recibe ao Carballiño.
Máis crónicas do FSF.
- O Fisober segue vencendo.
- Fisober: Vitoria na pista e empate no campo.
- FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras.