Sábado. 20.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria

A muxia Eva Lema co Viaxes
A muxiá Eva Lema co Viaxes Amarelle Santa Comba
FSF: O Fisober segue de doce e o Amarella Santa Comba retoma a senda da vitoria

O Fisober sigue ca súa boa xeira de resultado e segue a contar os seus partidos coma locais coma vitorias, manténdose na 2ª posición da Preferente a só 3 puntos do Meigas. O equipo de Fran Toba fixo posiblemente o seu mellor partido coma local para disfrute da súa parroquia, con multiples ocasións de gol, con ata catro tiros ao ferro con Patri e Paula coma protagonistas dos mesmos, ante un bo rival da vila de moda en Galicia e posiblemente en España.

Ademais, recupera a senda da vitoria o Amarelle Santa Comba. O cadro da muxiá Eva Lema, a xalleira Sheila Gil ou a carballesa de Sofán Elsa, sumaba unha nova visita a domicilio ante o P. Grandal Lago DVSport, o que lle permite ascender á 3ª praza da 1ª Galicia, só 3 puntos por detrás das líderes Villestro ou Maruxas O Parrulo.

Preferente Galicia, xornada 10

  • Resultado: FISOBER FSF – GRI CARBALLIÑO FS (5-1)
  • FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Nuriña; tamén xogaron: Claudia, Ana, Barca, Mai, Lucía Martínez.
  • Goles: 1-0 min 4 Patri, 2-0 min 5 Paula Fandiño, 3-0 min 18 Paula Fandiño ( descanso), 3-1 min 26 Chiqui, 4-1 min 31 Ana, 5-1 min 39 Adriana.
Ana Mouzo co Fisober
Ana Mouzo co Fisober

Arrancou moi forte o conxunto costeiro e con gañas de aclarar o partido dende o inicio. E así foi xa que aos catro minutos era Patri a que adiantaba ao conxunto local para poñer en vantaxe as súas. Non tardou moito en poñer máis terra de por medio o equipo de O Conco, cun gol de Paula Fandiño para darlle dous goles de diferenza ao Fisober en tan solo cinco minutos. Ca tranquilidade que dá o vento a favor dende tan pronto as costeiras despregaron un bo xogo e acumularon ocasións pero os ferros ou a porteira visitante desbaratábaas. pero Fandi ampliaba o marcador antes do descanso
A volta de vestiarios todo seguía igual, cun Fisober moi centrado con ocasións para todas as súas xogadoras, cunha Barca que non tiña o seu día de cara o gol. Poñía o tres a un no electrónico Chiqui co gol para as visitantes, pero o Fisober non se descompuxo nin se puxo nervioso e seguíu ao seu.

A vindeira xornada toca unha difícil visita a terras lucenses ante o Ribeira Lieders.

 
Nurina co Fisober
Nuriña co Fisober

1ª Autonómica Femenina FS | 8ª xornada

  • Resultado: P. Grandal Lago DVSport - Amarelle Concello de Santa Comba (2-3)
  • Amarelle Concello de Santa Comba: Lidia, Elsa, Tania, Ge, Eva Lema (cinco inicial) Graciela, Andrea, Sheila Gil, Lucía.
  • Goles: 0-1 Paula Baamonde (propia puerta) (min. 1); 0-2 Sheila Gil (min. 17); 0-3 Tania (min. 27); 1-3 Carolina Paz (min. 43); 2-3 Paula Castro (min. 47).
A muxia Nuria co Viaxes Amarelle
A muxiá Nuria co Viaxes Amarelle

O equipo dirixido por Sergio Vieites, tras dúas derrotas consecutivas, cambiaron a dinámica. As xalleiras colocábanse moi pronto por diante, e tras marchaban con 0-2 ao descanso tras unha primeira metade de superioridade.

Comezaba o segundo tempo co terceiro, obra da capitana Tania, pero o Pinturas Grandal apretou e quedou ás portas do empate.

Xa preparan as xallaieras o choque do domingo 27 ás 19:00h no Pavillón da Baña ante o CDX Aranga.

Máis crónicas do FSF.

Novas do FUTFEM

Comentarios