FSF: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo
Ata o pavillón de Bemvibre, en Vigo, desprazouse a expedición do Fisober para disputar a segunda xornada da Preferente. O cadro de Fran Toba enfrontouse a todo un filial dun conxunto de 2ª Nacional, e comprobou que esta campaña, a pesar de ter un auténtico equipazo, vai tocar pelexar cada vitoria. O cadro costeiro tiña a vitoria no peto que escapáronse 2 puntos no último suspiro.
PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 2
- Resultado: CD MOSTEIRO BEMBRIVE “B” - FISOBER FSF: 3-3.
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Nuria, Saray Duarte; tamén xogaron: Ana, Alba, María Brea.
- GOLES: 1-0 Antía min.6, 1-1 min.19 Saray Duarte; 1-2 min.23 Alba, 1-3 min.32 Saray Duarte, 2-3 propia porta min.36, 3-3 Sofía min.39.
A primeira parte foi moi igualada, coas costeiras facendo un bo partido sen demasiadas ocasións de gol, ata que as visitantes conseguiron golpear primeiro no marcador, o que supuxo un baixón no xogo do Fisober propiciando os peores minutos destas. Ata que un balón largo de Paula Fandiño era controlado e definido por Saray Duarte para poñer o empate xusto antes do descanso.
Tralo gol psicolóxico e o tempo de lecer, as costeiras saíron moito mellor na segunda metade e en pouco máis de 10 minutos ampliaban e doblaban vantaxe, primeiro por medio de Alba e logo cunha Saray Duarte en estado de gracia nestas primeiras xornadas. Froito da gran vantaxe conseguida, o conxunto local decide arriscar nos últimos minutos con xogo de 5, e crearon tanto perigo que recurtaban distancias a falta de 3 minutos, e a base de seguir arriscando con porteira-xogadora, conseguían empatar o partido cando faltaban 50 segundos para o remate do mesmo, co que sería o 3-3 definitivo.
A vindeira xornada visita Dumbría un rival difícil como será o Atlético Arnoia.