Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional

fisober 24-25
fisober 24-25
O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional

Arrincou a Preferente Futgal feminina 2024-2025, disputado na tarde do venres nas ID de O Conco en Dumbría. E o Dumbría volveu demostrar que este ano, despois de quedar ás portas do ascenso o ano pasado gañando todos os partidos menos dous, estará entre as mellores. 

Se ben este ano hai unhas claras favoritas, un Estrela Futsal Cortegada que, malia ser recén ascendidas, completou un plantel cheo de fichaxes de liga nacional.

O partido de liga serviu para coller ritmo ante un equipo recén ascendido pero filial de todo un Burela Pescados Rubén da élite nacional.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 1

  • FISOBER FSF – BURELA FS “B”: 3-1.
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Nuria, Saray Duarte; tamén xogaron: Ana, Alba, María Brea, Nai.
  • GOLES: 1-0 min.13 Patri, 2-0 min. 18 Saray Duarte, 2-1 min.19 Irene; (descanso)  3-1 min.32 Nuria.
Fisober 4-25_ana_maria_alba
Ana Mouzo, xunto con María Brea e Alba Carre

Nun partido no que voltaba a vestir a camisola do Fisober en liga Alba Carre despois do seu paso polo Meigas e María Brea si que debutaba en liga. Ambas xa o fixeran ca camiseta do Fisober na Copa Galicia fronte ó Viaxes Amarelle.

A primeira parte foi con ocasións para ambos conxuntos, cun conxunto lucense que trataba de roubar e impoñer o seu ritmo, ante as nosas que comezaban cun ritmo algo máis baixo, ainda que tendo as mellores ocasións e facendo lucirse en varias paradas de gran mérito á porteira visitante.

Froito deste dominio en forma de ocasións foron chegando os goles das locais, que se acomodaban pouco a pouco a pesares do susto recibido pouco antes do descanso tras recurtar distancias o filial laranxa.

Logo do descanso, o Fisober trataba de manter e aumentar a vantaxe, pero as visitantes, coñecedoras de que os puntos se lle escapaban, fixeron que Sharay tivese que demostrar todo o seu abanico de paradas, conseguindo manter a mínima vantaxe ata que Nuria sentenciaba no tramo final de partido.

A vindeira xornada será a primeira viaxe para as costeiras, que visitarán a outro filial como é o Bembrive FS
 

Comentarios