Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo

Cadetes do Fisober no Conco
Imaxe do partido dos Cadetes do Fisober no Conco
FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo

Volvía á competición neste 2022 (tras un aprazamento) o Fisober viaxando á Pista Vermella de Vigo para enfrontarse, e gañar, ao ED Vigo. Unha vitoria que as mantñén nas 9ª praza pero dando un salto importante con respecto á zona baixa.

Liga Autonómica-Preferente, xornada 15

  • Resultado: RESULTADO: ED VIGO 2015- FISOBER FSF (3-5).
  • FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, María Dumbría, Saray; tamén xogaron: Nuriña, Carre, Uxía.
  • Goles: 0-1 min 8 Paula Fandiño, 0-2 min 15 María Dumbría; 0-3 min 19 Uxía, 1-3 min 19 Aldara, (descanso), 1-4 min 33 Saray, 2-4 min 37 Ana, 2-5 min 38 Paula Fandiño, 3-5 min 39 Ana.

Comezaba o partido con moitas imprecisións por ambos equipos. A primeira ocasión foi para as locias aparecendo Sharay parando no segundo pau. A resposta costeira foi cun tiro de Paula que rozou a escadra. As locais voltaban a poñer a proba a Sharay. Agora era o turno de Nuriña que rozaba o pau co seu lanzamento. E de novo as locais co calcaño e salva Sharay.

Un roubo de Carre era finalizado por Paula Fandiño e salva unha defensa local baixo paus. Ata que aos oito minutos despois dun saque de esquina Paula Fandiño poñía en vantaxe as locais cun forte disparo dende quince metros. Despois do gol eran Uxía e Saray as que tiveron boas ocasións para o Fisober. Ata que a cinco para o fin da primeira metade despois dun lanzamento de falta María Dumbría facíase co rebote para o cero a dous. Sharay facía a súa aparición para evitar o gol local en dúas ocasións. A resposta foi por parte dunha parede entre Nuriña e María Dumbría que case remata en gol. Antes de chegar ao tempo de lecer aínda anotaba Uxía o terceiro gol visitante. O que respostou Aldara para o gol local. Case marca de novo Paula Fandiño antes do fin e en cuestión de trinta segundos os dous equipos case marcan.

Case ao principio da segunda metade as locais quedaban en inferioridade pero o Fisober a pesares das boas ocasións non aproveitaban eses dous minutos de vantaxe. María Dumbría en varias ocasións, Paula Fandiño ou incluso Uxía que enviaba ao longueiro non acadaban o gol. Sharay evitaba unha boa ocasión despois dunha vaselina. María Dumbría ou Adriana aparecían para ter as ocasións costeiras. Tamén Carre e de novo Adriana. A pouco máis de seis para o fin Saray marcaba un a catro para as costeiras. María Dumbría enviaba un balón ao pau, pouco despois e tamén tiña unha boa ocasión despois dun pase de Saray. Ana marcaba para as locais para recurtar distanzas. E Sharay tiña que aparecer despois dun dobre penalti. Pero Paula Fandiño facía o quinto gol para o Fisober. As locais marcarían de dobre penalti antes do fin.
A vindeira semana inicia a segunda volta ca visita a Carballiño.

 

Categorías inferiores

Tan só dous partidos disputaron as inferiores do Fisober, ambas como locais en Dumbría dos equipos masculinos que xogaban os primeiros partidos do ano despois da suspensión da semana pasada.

Na Liga Galega Infantil Masculina, dentro da Fase polo título do grupo Norte dentro da 4ª xornada o Fisober recibía ao Academia 5 Coruña FS en partido disputado na tarde do domingo, con resultado de empate a 5. Os goles costeiros foron obra de Gabriel en tres ocasións, Iago Insua e Pablo Costa.

Na Liga Galega Cadete Masculina do grupo Norte e dentro da 15ª xornada o Fisober recibía ao intratable líder invicto AJ Pombo Hércules en partido disputado na tarde do domingo, con resultado final de dous a sete a prol do herculinos, aínda que no tempo de lecer era de igualada a dous tantos.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa e Álex.

A vindeira semana reciben a visita do Pontedeume para iniciar a segunda volta.

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Comentarios