Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: O Fisober non puido coas líderes

lucia rodriguez co Fisober ante o Rieders
Lucía Rod. co Fisober ante o Rieders
FSF: O Fisober non puido coas líderes

O Fisober caeu esta fin de semana na casa pola mínina ante o líder nun raro partido no que as baixas, as lesións e unha extrana expulsión xogaron en contra das costeiras, o que fixo que as cadetes locais tiveran moito protagonismo.

LIGA AUTONÓMICA-PREFERENTE FEMININA, SUBGR,A, X.11

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – RIBEIRA LIEDERS (0-1).
  • FISOBER: Sharay, Ana, Mai, Nuriña, Saray; tamén xogaron: Lucía Canosa, Uxía, Adriana, Lucía Rodríguez, Carre, Lucía Martínez.
  • GOLES: 0-1 min 2 Carmen.

Non podía comezar peor o partido para o Fisober xa que un saque de esquina e un remate de Carmen poñían en vantaxe as visitantes. A resposta costeira foi cun centro de Carre e un remate de Ana chegando dende atrás que case se converte na igualada. Un remate de Adriana despois dun saque de esquina vaise fora rozando o ferro. Sharay interviña despois dunha volea dunha xogadora visitante. A cal respostaba un lanzamento de Ana forzado.mDespois chegaron dúas boas intervencións de Sharay, unha delas despois de petar o balón no ferro.
As costeiras seguían intentando primeiro por mediación de Adriana e despois cunha dobre ocasión de Lucía Canosa e Nuriña ata por dúas veces que de forma incrible non chegou a ser gol, entre o ferro a porteira e a mala sorte. O Ribeira tamén quería aumentar diferenzas e fai lucirse a Sharay que coa axuda do ferro evita o gol. Unha xogada entre Carre e Mai remata co lanzamento da última ao longueiro. Nesta primeira metade tíñamos a lesión de Ana. Nuriña tiña unha nova ocasión de gol. As ocasións viñan en ambos lados e agora Sharay desvíaba un lanzamento lateral. A resposta era de Adriana e as visitantes lanzaban ao ferro dende lonxe. Chegándose co cero a un ao tempo de lecer.

O inicio da segunda metade foi igual de malo para o Fisober xa que ao principio chegou unha nova lesión desta vez de Mai. E pouco despois chegaba o segundo cartón para Adriana desta vez por realizar mal un troco coa conseguinte expulsión e inferioridade. O Fisober aguantou o empuxe visitante con Sharay coma protagonista que incluso mandaba un balón para a contra de Lucía Martínez.
Pasaban os minutos e o resultado non trocaba. Así que chegándose ao final as locais decidíanse polo xogo de cinco na búsqueda de algo positivo. Non foron quen de acadalo e o resultado non trocou.

A vindeira semana o Fisober ten semana de lecer o que lle pode vir ben para recuperar algunha das múltiples baixas cas que finalizou o partido que se sumaron as de inicio, voltará a competición en Begonte o conxunto costeiro.

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DO FSF

 

Comentarios