FSF: Fundamental triunfo do Fisober en Guitiriz

FSF FIsober en Guitiriz

Ata Guitiriz tiveron que desprazarse as xogadoras do Fisober e do Begonte polas goteiras no pavillón das locais. Pero non sentou mal o cambio, pois as costeiras sumaron un triunfo especialmente importante, por ser o primeiro coma visitantes, por ser a primeira vez esta temporada que suman de 3 por segunda semana consecutiva
A familia costeira adicoulle a vitoria a Nuria, que saía mancada dun xeonllo na segunda metade.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 6

  • Resultado CONCELLO DE BEGONTE FS - FISOBER FSF: 1-4.
  • FISOBER: Sharay, Andrea, Ana, Saray Duarte, Paula; tamén xogaron: María, Alba, Nai, Patri, Nuri.
  • GOLES: 1-0 min.11 Uxía, 1-1 min.13 Paula; 1-2 min.22 Paula, 1-3 min.23 Paula, 1-4 min.39 Patri.


O Fisober segue a coller velocidade pouco a pouco, comezaba por debaixo no marcador pero era quen de repoñerse rápido co empate, e gracias ó acerto no tiro exterior de Paula, os goles foronse sumando e ampliando vantaxe e dominando
 o partido a partir dese primeiro gol que lles permitía ás nosas verse durante poucos minutos por debaixo no marcador, gracias á reacción tan rápida para o empate.


A volta de vestiarios chegaba a peor noticia, que era a lesión de Nuri, logo dun mal apoio no seu xeonllo dereito. Á falta de probas médicas, agardamos que sexa o menos posible e tela de volta moi pronto.


A vindeira xornada o Fisober recibirá nas ID O Conco ó EDC Verín.

Máis crónicas do FSF

Outras novas sobre o FUTFEM