FSF: Novo susto para o Fisober
3ª xornada de liga para o Fisober FSF na Preferente Futgal feminina, o disputado na tarde do sábado no Conco. Primeira e inesperada derrota para o cadro de Fran Toba, recoñecido esta semana pola Federación Galega, que ve como as de arriba escapan,
PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 3
- Resultado: FISOBER FSF - ATLÉTICO ARNOIA: 0-4.
- FISOBER: Sharay, Patri, Alba, Nuria, Saray Duarte; tamén xogaron: Ana, Paula, María Brea.
- GOLES: 0-1 min.7 Nerea, 0-2 min.15 Nuria, 0-3 min.18 Andrea Mosquera, 0-4 min.20 Andrea Dapia.
O Fisober comezaba co dominio habitual aínda que sen demasiado perigo, mentres que o rival comezaba a amosar o seu perigo nos contraataques. A medida que se descontaban minutos do marcador, as locais atopábanse menos cómodas na pista, e o perigo das ourensás facíase sentir máis, ata que chegaba o primeira destas nunha gran saída de presión na que combinaron ata marcar no man a man con Sharay que pouco puido facer.
Parecía que o gol sacudía algo ás costeiras, pero as sensacións non remataban de ser boas, nin en ataque nin en defensa, e a pesar de transcurrir case toda a primeira parte coa mínima desvantaxe e intentando empatar, todo se viña abaixo a 5 minutos para o descanso, tempo no que os goles das visitantes foron caendo ata chegar ó tempo de lecer co que sería o definitivo 0-4.
O paso por vestiarios sentou moi ben para as costeiras, que a pesar de non poder contar con Paula Fandiño por unhas molestias no xeonllo que xa arrastrou durante a primeira metade, dominaron toda a segunda parte, agora si con claras ocasións e sen apenas achegamentos pola portería de Sharay, que mesmo aportou no xogo de 5, pero non era a tarde, e o marcador xa non se movería máis.
A vindeira xornada visitaremos Santiago de Compostela para medirnos ó CD Composala.
Máis crónicas do FSF
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional