FSF: O Fisober non arrica

Cuarta xornada de liga na Preferente Futgal feminina, disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal do Restollal, e o Fisober segue sen arrincar
PREFERENTE FUTGAL FEMININA - XORNADA 4
- Resultado: CD COMPOSALA - FISOBER FSF: 3-1.
- FISOBER: Sharay, Patri, Ana, Nuri, María; tamén xogaron: Sabela, Nai, Saray Duarte.
- GOLES: 1-0 min.11 Navia, 1-1 min.13 Saray Duarte; 2-1 min.31 Carla, 3-1 min.32: Navia.
Chegaba o Fisober a este partido con varias baixas, ademáis das xa coñecidas de longa duración de Adriana e Barca, non podería contar con Andrea (que aínda non debutou esta temporada), Paula e Alba, o que propiciaba a única boa nova da tarde, que foi o debut dunha rapaza como Sabela, recén cumprida a idade para poder desputar os seus primeiros minutos co conxunto sénior.

As costeiras volveron a sentirse incómodas na pista, e a pesar de intentar dominar, o conxunto local víase máis fresco físicamente, ata que mediada a primeira parte eran capaces de adiantarse no marcador. A pesar disto, o Fisober repúxose pronto por mediación de Saray Duarte que segue aumentando os seus rexistros goleadores neste gran inicio de campaña que está a facer de cara a portería rival, para chegar con empate ó descanso.
A volta de vestiarios, de novo no ecuador da segunda parte, o Fisober recibía dous goles case consecutivos, un deles dunha ex coma Carla, a mítica lei da ex, dos cales xa non conseguiría repoñerse a pesar de intentalo por tódolos medios con ocasións que non deron materializado, ata rematar co definitivo 3-1.
A vindeira xornada visitará Dumbría o Cidade de As Burgas, que vía como o seu partido desta finde semana era suspendido.
Máis crónicas do FSF
- X.3: Novo susto para o Fisober.
- X.2: O Fisober déixase 2 puntos en Vigo.
- X.1: O Fisober arrinca unha nova temporada como aspirante ao ascenso á Liga Nacional
Outras novas sobre o FUTFEM