Mércores. 09.10.2024
El tiempo

FSF: Xornada de bos resultados para as familias Fisober e Amarelle

Pina do Amarelle sta comba-pontedeume_02 copia
Piña do Amarelle Santa Comba no debut en Fontenla
FSF: Xornada de bos resultados para as familias Fisober e Amarelle

O pavillón de Cee acollía unha nova xornada, e vitoria, do Fisober nesta Preferente. Un importante triunfo ante un dos equipos invictos da competición remontando ata dúas veces e axudado polas xogadoras da canteira para paliar a praga de lesións que afecta ao equipo. Unha vitoria que deixa as costeiras na 6ª praza, a só 5 puntos do intratable Celanova, co que se enfrontarán a semana que vén.

Pola súa parte o Amarelle Concello de Santa Comba debuta como local no pavillón de Fontenlea cunha apurada vitoria fronte ao TCA Instalacións FS Pontedeume. As xalleiras acabaron pedindo a hora pero os puntos fican na casa.

Ademais, as herculinas do Viaxes Amarelle FSF ceden dous puntos nos últimos segundos de partido fronte ao Comarcal A Fervenza FSF.

PREFERENTE, XORNADA 5

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – S.D. A GAIOLA: 6-3.
  • Fisober: Lía, Paula Fandiño, Carre, Mai, Kenny; tamén xogaron: Adriana, Laura, Uxía, Sharay, María Maroñas, Saray.
  • Goles: 0-1, m.13 Carlota, 1-1, m.14 Uxía, 1-2, m.18 Sofía, ( descanso ), 2-2, m.21 Paula Fandiño, 3-2, m.23 Kenny, 4-2, m.25 Paula Fandiño, 4-3, m.26 Marta, 5-3, m.28 Paula Fandiño, 6-3, m.28 Carre.

Mai e Maroñas co Fisober-Foto-FSF
Mai e Maroñas co Fisober-Foto-FSF

Saiu apretando o Gaiola e xa creou perigo nos primeiros minutos cun tiro exterior. Respostou Paula Fandiño cunha dobre oportunidade. Pasaban os minutos e o resultado non trocaba. Ata que a pouco máis de sete para o fin Carlota adiantaba as visitantes. Despois dun tempo morto local , era a cadete Uxía a que igualaba o electrónico para as costeiras
Cando parecía que se collería o camiño dos vestiarios con igualada Sofía adiantaba as santiaguesas nunha contra.

Na primeira xogada da segunda metade un lanzamento de Paula Fandiño e a distracción de Uxía serviron para igualar a contenda. A resposta foi cun lanzamento do Gaiola ao pau. A segunda metade tiña máis ritmo e Uxía a piques estaba de marcar. Un roubo de Paula Fandiño e o posterior envío a Kenny supoñía o tres a dous local por mediación da cadete. A omnipresente Paula, e Mirian, avisaban, e de novo Paula facía o cuarto, pero sen apenas tempo recurtaban de novo as visitantes.

O partido estaba tolo e de novo Paula Fandiño poñía dous de vantaxe para as costeiras completando a súa tripla de goles. E nese mesmo minuto despois dunha cesión das visitantes, Paula asiste a Carre para poñer tres goles de vantaxe, e deixar o choque practicamente sentenciado.

paula fandiño omnipresente no Fisober-Foto-FSF
Paula Fandiño omnipresente no Fisober-Foto-FSF

1ª Galicia Feminina. xornada 2

  • Resultado: Amarelle Concello Santa Comba - TCA Instalacións FS Pontedeume (4-3)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Carla, Nuria, Andrea (cinco inicial), Tania, Paula.
  • Goles: 0-1 Laura (m.19); 1-1 Nuria (m.20); 2-1 Nuria (m.28); 3-1 Carla (m.37); 4-1 Nuria (m.37); 4-2 Laura (m.46); 4-3 Laura (m.48).

amarellestacomba-pontedeume_08 copia
Carla no choque do Amarelle Santa Comba

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido polo corcubionés Arturo Trillo, tivo que sufrir para vencer nun choque, con moitas ocasións nos que contaron coas baixas de última hora de Elsa e Violeta, unida á lesión no partido de Andrea.

O Amarelle Concello de Santa Comba tiña o balón e buscaba con ansia a portería contraria e intentaba poñerse por diante no marcador; pero o balón non quería entrar na portería, grazas a unha gran actuación da porteira visitante. As ocasións sucedíanse, pero o gol non chegaba para a escuadra xalleira; que vía como as visitantes adiantábanse a seis minutos do tempo de asueto tras unha rápida contra que finaliza Laura. O gol en contra, espoleo os ánimos das locais que conseguían poñer as táboas uns segundos máis tarde grazas a un potente disparo cruzado de Nuria.

Na reanudación, o partido comezou igual que na primeira metade; cun Amarelle Concello de Santa Comba que quería o gol e así foi como aos tres minutos Nuria poñía o 2-1 no marcador. As xalleiras seguían buscando unha e outra vez o gol que lles dese a tranquilidade, pero este non chegaría ata a medianía do segundo periodo cando primeiro Carla, e prácticamente seguido Nuria; levaban o 4-1 ao luminoso. Coa vantaxe clara no marcador, as forzas das xalleiras non estaban no seu mellor momento, que trala lesión de Andrea no primeiro tempo, vían mermados os seus efectivos e con pouca rotación no banquiño. E este momento aproveitárono as visitantes, para poñer o medo no corpo ao Amarelle Concello de Santa Comba con dous goles de Laura nos últimos minutos de partido; e que facían revivir sobre a cancha ao TCA Instalacións FS Pontedeume.

Os últimos segundos do partido foron unha moeda ao aire, onde puido pasar de todo; pero a escuadra xalleira terminou por conseguir manter a súa mínima vantaxe e sumar a súa primeira vitoria da tempada.

 amarellestacomba-pontedeume_13 copia
Nuria no choque do Amarelle Santa Comba

2ª División Nacional, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Comarcal A Fervenza FSF (2-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Patri Romaní, Reneé, Martita, María Gómez (cinco inicial), Irune, Inés Suárez, Patri Curral, Yaiza, Zaida.
  • Goles: 1-0 Reneé (m.3); 2-0 Martita a pase de Patri Romaní (m.11); 2-1 Martita (propia porta) (m.35); 2-2 María (m.40).

Ines Camelle amarellefsf-afervenzafsf_06
A camellá Inés, á dereita, coa laranxa do Amarelle

O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, esperaba con ansias o primeiro partido da tempada en casa; pero as cousas non saíron como esperaban as herculinas. O Viaxes Amarelle FSF saía máis activo e conseguía irse cunha vantaxe de dous goles ao descanso; pero o Comarcal A Fervenza FSF conseguiu adormecer ás locais e nos últimos minutos do partido metéronse cun gol en propia porta das laranxas, e o tanto do empate a falta de 14 segundos para o final do encontro; o que acaba por resolver un empate e reparto de puntos no primeiro derbi da tempada.

 

NOVAS DO FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

Comentarios