Martes. 19.11.2019
El tiempo

FSF: O Fisober pode co filial do Amarelle pero perde á capitana nunha nova lesión

Fran e Noe axudando a Ana, a capi do Fisober que saíu lesionada o domingo
Fran e Noe axudando a Ana, a capi do Fisober que saíu lesionada o domingo
FSF: O Fisober pode co filial do Amarelle pero perde á capitana nunha nova lesión

O pavillón Conco acollía a terceira xornada da Preferente, para ver como o Fisober acadaba un novo triunfo ante o que era o líder invicto, un Viaxes Amarelle B tamén con xogadoras costeiras. Pero a vitoria saíu cara, e levou un novo susto ca lesión da capitana Ana que rematou no hospital cunha lesión de xeonllo que queda pendente do diagnóstico definitivo cando baixe a inflamación, toca cruzar os dedos para que sexa o menos posible.

PREFERENTE, XORNADA 3

  • Resultado: Fisober FSF - Viaxes Amarelle B (2-1)
  • Fisober: Lía, Paula Fandiño, Ana , Carre, Mai , tamén xogaron : Adriana, Kenny, María Dumbría, Sharay, Saray.
  • Viaxes Amarelle B Aida Dopazo, Carliña, Marta Hermo, Mónica, María Sequeiros; tamén xogaron: Nuria Sánchez, María Lijó, Nerea, Carla Riomao, Nuria Rodríguez.
  • Goles:, 0-1 min 28 Carliña, 1-1 min 32 Adriana, 2-1 min 35 Paula Fandiño.

Ocasion para o Fisober

O partido comezaba con dous equipos observándose, sen querer arriscar máis da conta conscientes do equilibrio do partido. Cun primeiros minutos de tanteo entre ambos conxuntos. A primeira gran ocasión do partido sería para a visitante Mónica mediada a primeira metade. A resposta local foi por parte de Ana e Paula Fandiño por partida dobre pero as porteiras rendiron a gran nivel. De novo tiña unha gran ocasión o filial viaxeiro pero Lía desbarataba a oportunidade. Tamén Marta Hermo probaba a cancerbeira local.

Na mellor ocasión visitante do partido entre Lía e o pau acadaron manter o resultado gafas. As costeiras tamén tiñan as súas e nunha contra levada por Paula Fandiño aparecía a porteira visitante. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios seguía todo igual con dous equipos temerosos de cometer un erro que comprometera o resultado do partido. Todo trocou cando no minuto sete desta segunda metade nunha xogada totalmente fortuita se producía a lesión de xeonllo da capitana local Ana. Tan só un minuto despois Paula Fandiño tiña unha boa ocasión cunha gran parada da porteira visitante. A resposta das viaxeiras foi un gol de Carliña de disparo cruzado que facía o cero a un no electrónico. As do Fisober estaban en estado de shock trala lesión de Ana e o gol recibido así que o adestrador local Dani Costa decidiu pedir tempo morto para tranquilizar as súas.
Paula Fandiño tiña de novo unha boa ocasión e a resposta visitante foi por medio de Carla Riomao que se topaba con Lía. A oito para o fin un lanzamento de Paula Fandiño era desviado por Adriana para poñer a igualada no electrónico. E nese mesmo minuto Paula Fandiño dispuña unha nova oportunidade.

A cinco para o fin un novo lanzamento de falta de Paula Fandiño supuña o dous a un para as locais. A pouco máis de tres minutos para o remate do partido as viaxeiros optaron polo xogo de cinco, pero as costeiras aguantaron o empuxe visitante e leváronse os tres puntos.

A vindeira semana o Fisober visita Salceda.

 

NOVAS DO FSF

Novas do Futsal

Novas do FutFem

 

Comentarios