Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Fútbol da Costa completa o álbum

Portada Facebook album laxe
Última fornada de rapaces e rapazas de Laxe que completaron o album durante a corentena
O Fútbol da Costa completa o álbum

Espectacular a incidencia do álbum de cromos de Fútbol Base na familia do SD Laxe. Xa era un dos focos máis activos antes da corentena, pero nesta desescalada moitos aproveitaron para completar os seus álbumes.

A Libraría Torre Penedo, ML Asesores e A Nova Despensa, os puntos de venta, non deron feito e tivemos que recargar en varias ocasións. Non é de estranar tendo en conta que son máis de 20 os rapaces e rapazas que o completaron. A súa presidenta (que acaba de presentar a súa dimisión), deu exemplo e tamén entra no sorteo

O Sorteo

O luns 15 de xuño faremos o sorteo e anunciaremos os gañadores do Patinete Eléctrico infantil que nos ofrece Master BB Muros, así como o minidrone de Milar Cee.

Abrimos a quenda de últimas peticións

Así mesmo, anunciamos que podedes facernos as peticións dos últomos 20 cromos que vos faltan para completar o álbum. Enviádenos a lista, e a vosa dirección a [email protected] e por un custo de 0,50€ o cromo enviarémosvolos por correo.

Novas do

Comentarios