O 11 de abril volven o Fútbol Base e o FutFem á competeción
Volve o Fútbol Base e o Fútbol Feminino á competención, trala reunión celebrada onte cos dous sectores. Será o 11 de abril cando volva rodar o balón nunha ducia de campos da comarca. Os calendarios sairá a semana que vén, pero xa podemos ir quecendo motores.
FutFem
Varias novidades no fútbol feminino nesta minitemporada 2021 na 2ª División da Liga Galega Feminina. Entre eles están 4 equipos do Fútbol da Costa, que terán que facer test cada 15 días para non ter que xogar con máscara.
As dúas primeiras de cada grupo, e a mellor segunda, se meterá na fase de ascenso (como na base, non haberá descensos.
No Grupo B estarán Cerqueda e Bergantiños, e no Gr. C estarán As Miúdas e o UC Cee. O Mazaricos prefire agardar a setembro e volver competir en F8.
O Cerqueda debuta ás ordes de Jorge Guillamet. O Bergan mantense baixo a batuta de Gueli e René. Pola súa parte o adestrador das As Miúdas este ano será Juan Carlos, e do UC Cee continuará sendo Rafa.
Fútbol Base
O fútbol base si que terá que competir con máscara, e haberá parada para beber para cadetes e xuvenil. Ademais non se fixa horario e se permite que os clubs dedican as horas dos partidos.
Xuvenís, Cadetes e Infantil
En Xuvenís hai dous grupos, competirán a doble pasarán os dous primeirros de cada grupo, que farán dúas eliminatorias a partido único para determinar o campión da Costa, que se enfrontará ao campión de Santiago para seguir polo ascenso.
- Xuvenil, Gr.A: Sofán, Coristanco, Xalla, Cerqueda.
- Xuvenil, Gr. B: Miudos A, Miúdos B, Cee e Outes.
E Cadete, hai un grupo a doble volta, e os dous primeiros pasan e xogan unha final. O gañador competirá con Santiago para continuar pelexando polo ascenso.
- Cadete: Cee, Xallas B, Coristanco, Outes, Miúdos, Cerqueda. Doble volta, e os dous primeiros pasan e xogan unha final.
En Infantís, como son un equipo máis, xogarán a unha volta, e de novo, os dous primeiros xogarán unha final para entrar na fase de ascenso co campión de Santiago.
- Infantil: Cee, Xallas A, Xallas B, Coristanco, Outes, Miúdos, Cerqueda. Unha soa volta e os dous primeiros xogan unha final para entrar na fase de ascenso
F8
Tamén empeza o F8, cos seguintes grupos:
Alevín:
- Alevín Gr.A:, Dumbría, Xallas, Coristanco, EF Vimianzo, Razo.
- Alevín Gr.B: Outes, Cee A, Cee A, Os Miúdos A, Os Miúdos B.
- Benxamín: Cee, Dumbría, Xallas, Outes, Coristanco e Cerqueda.
- .
- Prebenxamíns: Cee, Dumbría, Xallas, Outes e Coristanco.