FútFem: O Bergantiños estira o soño do ascenso mentres As Miúdas sucumben ante un superior Atlántida

Familia do Bergantiños Feminino celebrando o pase na Fase de Ascenso

Espectacular este Bergantiños Feminino que vai decidido polo ascenso nesta complicadísima Fase. Eliminaron ao 2º clasificado do Gr.1, gañando os dous partidos da eliminatoria, e agora enfrontaranse ao Friol Lugo B, foi o campión do grupo 1 e que quedou apeado da eliminatoria de campións contra o Betanzos.

Polo sur, foi dura despedida das muradanas desta fase de ascenso cun severo correctivo a mans dun Atlántida de Matamá que foi superior nos dous partidos da eliminatoria e refrendouno con amplos marcadores. Unha despedida que non amarga unha temporada inesquecible dun grupo que dará moitas alegrías aos afecciona@s da comarca.

Sp. Burgo - Bergantiños (1-2)

  • Bergantiños: Lara Sanchez, Rabuñal (Paula, m.85), Fra, Martasa, Sabrina, Lore, Canosa (Eva, m.80), Torrado, Noe (Isa, m.60), Merey, Tamy (Carla, m.75).


As xogadoras do Bergan vestiron camisetas de apoio á capitana Seo, lesionada no xeonllo

Co resultado a favor de 3-2 no partido de ida chagaban as carballesas a un partido no que os dous equipos tiñan moi claras as súas bazas, pero as xogadoras de Gueli demostraron que van en serio nesta fase de ascenso. Xa no minuto 1 Tamy lanzaba fóra un penalti por unhas mans dentro da área. Non se viría abaixo o Bergan e o ritmo altísimo das xogadoras acosarían nos primeiros moniutos ás locais. Mery facía o 0-1 ao rematar por baixo dentro da área. Tamy e novamente Mery poderían ampliar a vantaxe pero o marcador non se movería. Algún disparo das locais dende fora da área foron os únicos achegamentos á portería de Lara antes do descanso.

Trala reanudación o Burgo apretou máis e conseguiu meter por uns instantes ao Bergan dentro da súa área, aproveitando para empatar o partido tras unha indecisión de defensa carballesa. Tras este gol as xogadoras de Gueli non se arrugarían e buscarían un gol que lles daría a tranquilidade, e Mery, a centro de Canosa, fallou baixo paos ca porterira xa batida. Na seguinte xogada Isa que entrara sustituindo a Noe facía o 1-2 cun gran tiro cruzado e Carla que tamén entrara dende o banquillo apunto estaría de facer o terceiro gol visitante.

Nos minutos finais as burguesas volcaríanse en ataque en busca dun gol pero a defensa do Bergantiños mostraríase moi sólida durante os minutos finais e o resulatdo xa non se movería.

 

As Miúdas - Atlántida de Matamá (0-6)

  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Marcela, María de Pastora, Leti, Bárbara, Ainoa, Eva e María Dosil. Tamén xogaron: Marta e Martina.

Cunha marea de baixas neste final de temporada (aínda Martina se lesionaba no quecemento), Fran e Fer tiveron que improvisar ante un equipo vigués que saíu a dominar. Aproveitaron pronto a febleza da defensa local e aos 20 minutos xa eran e os tantos das visitantes, convertíndose en 4 ao descanso. E iso que as costeiras se defendían con orgullo e garra.

No segundo tempo pouco cambiou o panorama pero as costeiras loitaron ata o final. E puido marcar o gol da honra Bárbara, pero como fixera Antía a semana pasada, o seu penalti foi demasiado sinxelo para a porteira rival.

Toca agora recuperar efectivos e sobre todo sensacións para encarar a recta final co partido de final de Copa da Costa no horizonte para poñer punto e final a unha temporada na que as Miúdas foron de máis a menos lastradas de maneira notable polas numerosas lesións.

En todo caso, a temporada non deixa de ser excepcional!

 

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem