Xoves. 22.08.2019
El tiempo

FútFem: Play off asegurado

As Miúdas baixo a néboa-Fotos Chema Caamaño
As Miúdas baixo a néboa-Fotos Chema Caamaño
FútFem: Play off asegurado

Moi positiva a xornada para os equipos costeiros. As Miúdas acadaron un empate ante todo un Concello de Boiro demostrando que están ao mesmo nivel que as dúas primeiras clasificadas. Un empate que permite ademais ao SD Chispa proclamarse campión de Liga, e obriga ás Miúdas, coa Promoción xa asegurada, a pelexar pola 3ª praza co Xuventú Aguiño.

Máis importante foi a xornada para o Bergantiños Feminino. As de Gueli vencían ao Carral, e aproveitaban a derrota do Arzúa ante o 2º clasificado, o Cambre, para asegurar matematicamente, a falta de 2 xornadas, a 8ª praza, que dá acceso ao complicado Play off.

Lembren que a fase de ascenso, comeza cunhas eliminatorias entre os campións dos 4 grupos da 2ª. Ascenden os dous primeiros e os outros 2 entran na fase de grupos. Nesa fase, entre 30 equipos disputaranse as dúas restantes prazas en eliminatorias cruzadas, tendo que superar ata 5 roldas, sempre disputándose entre Gr.1-Gr.2 e Gr.3-Gr.4, de xeito que os equipos costeiros non se enfrontarán.

2ª División, Gr. 3, xornada 24

  • Resultado: Concello de Boiro - As Miúdas (1-1)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, Martina, Antía, Laura, Leti, Sandra, Bárbara, Marta e Pati Entraron: Gala, Ainoa e Eva.

Partido moi intenso baixo a néboa do Vista Alegre, no que as visitantes empezaron mellor adiantándose no marcador gracias a un bo testarazo de Pati tras un libre directo sacado por Antía. Seguían as Miúdas metendo ás locais no seu campo que só creaban perigo buscando en longo a Melanie, froito deso chegou o penalti claro tras zafarse a boa artilleira de Valga da marca de Antía, materializouno Alba e co empate o dominio foi para as de Boiro ata o descanso pero sin poñer en perigo á meta de Yaiza gracias o traballo defensivo das de Muros.

A segunda parte xogouse moito máis ao ritmo alto que impuxeron as Miúdas que levaron ao límite as forzas do Boiro que se defendeu con contundencia a pesares do asedio, e tentaban saír con balóns longos á contra.

Puideron rubricar as visitantes a superioridade si Pati, Gala e Eva materializasen as claras ocasións que dispuxeron no treito final pero sin atino, e incluso puderon quedar os puntos na casa pero Yaiza evitouno solventando con valentía un man a man para facer xustiza o visto sobre o campo en todo un partidazo nunhas gradas con moita afluencia a pesares do día que fixo.

Miudas co Pasatempo

2ª División, Gr. 2, xornada 24

  • Resultado: Carral - Bergantiños (0-3)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Sabrina, Rabuñal, Seo, Lore, Torrado, Carla, Noe, Tami, Eva e Isa. Tamén: Paula, Martasa, Alejandra e Tania.
  • Goles: 0-1, m.6: Isa; 0-2, m.46: en propia; 0-3, m.50: Tami.

Gran partido das de Gueli que aproveitou o choque ante un dos pechacancelas para afianzar a praza de promoción. Dous goles ao comezo dos dous tempos foron claves para as costeiras.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios