Venres. 29.03.2024
El tiempo

FutFem: Doble 5-0 e a pensar na Copa e na promoción

Bergantinos ao Playoff
FutFem: Doble 5-0 e a pensar na Copa e na promoción

Co playoff de ascenso asegurado, as xornadas da Costa afrontan esta recta final da liga regular con comodidade. E así o reflectiron no campo esta fin de semana, gustándose ante rivais da zona baixa, para preparar o asalto á promoción.Maria Dosil autora do gol 100 das Miudas nesta liga copia

As de Gueli descansan a fin de semana pero este mércore 1 de maio teñen Cuartos desa Copa que esqueceu ao conxunto muradán.  

2ª División, Gr. 3, xornada 25

  • Resultado: As Miúdas - Bamio (5-0)
  • Yaiza, Marcela (infantil), Paula, Isa, Antía, Laura, Leti, Sandra, Marta, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: María de Pastora, María Dosil, Gala, Natalia e Lucía.
  • Goles: 1-0, m.20: Ainoa nunha galopada en condución pola banda esquerda desde campo propio no que ningunha rival foi quen de frear pola velocidade da de Outes, finalizando de maneira espectacular tras plantarse ante a porteira; 2-0, m.50: Pati; 3-0, m.80: María Dosil (na foto da dereita) marcou o gol numero 100 das Miúdas na Liga; 4-0, m.88: Ainoa; 50, m.90: Leti.

Penúltimo encontro de liga e último na casa para as Miúdas. E non fallaron, a pesar das baixas (e da lesión de Isa, que marchou cun novo problema no xeonllo), ante as 10ª da táboa. Pronto se meteron por diante, pero a primeira metade foi bastante igualada.

A segunda xa foi de cor rossonera, pois as costeiras recuperaron a intensidade e vencían cada balón dividido, permitindo que fosen caendo, dende o m.50, os goles. Con este resultado as locales acadan de maneira matemática a terceira posición na competición ligueira trala derrota do Xuventú Aguiño ante as líderes do Chispa.

2ª División, Gr. 2, xornada 25Lore xogou todos os partidos de Liga co Bergantinos

  • Resultado: Bergantiños - Brexo Lema (5-0)
  • Bergantiños: Lara Sánchez, Eva, Martasa, Paula, Lara Rabuñal, Lore, Torrado, Mery, Noe, Carla e Isa. Tamén xogaron Sabrina, Tamy, Lucía Canosa e Fra.
  • Goles: 1-0, m.27: Carla; 2-0, m.30: Isa; 3-0, m.55: Meru; 4-0, m.80: Martasa; 5-0, m.85: Tamy.

Broche final a unha liga que aínda remata a semana que vén, pero na que ás xogadoras de Gueli lles toca desccansar. Chegaba a Carballo o Brexo Lema que se encontraría con un Bergantños xa clasificado para a fase de ascenso pero coa intención de rematar a liga da mellor maneira na casa. Xa nos primeiros minutos as locais disporían de claras ocasións por medio de Isa, e Noe pero en ambas ocasión se atopaban ca porterira visitante Anabel. Á media hora Carla  Isa rompían a igualada.

Co 2-0 no marcador empezaba a segunda parte e cun Bergantiños coas intencións claras, apretar a saída do balón e imprimir un forte ritmo de xogo. Mery e Tamy non estarían acertadas de cara a gol, pero Finalmente a máxima artilleira carballesa Mery facía o terceiro ao aproveitar un rechace dentro da área. A porteira local Lara Sanchez apenas tería que intervir no partido. Nos minutos finais chegarían outros dous goles obra de Martasa nun barullo na área e Tamy ao rematar un centro de Canosa.

Destacar a regularidade de Lore (na foto da dereita), que disputou todos os partidos de liga co cadro carballés.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

 

Comentarios