Luns. 23.09.2019
El tiempo

FutFem: As Miúdas e Bergantiños arrincaron unha complicadísima Fase de Ascenso con sorte dispar

Minudo de silencio no choque das Miudas
Minudo de silencio no choque das Miudas
FutFem: As Miúdas e Bergantiños arrincaron unha complicadísima Fase de Ascenso con sorte dispar

Comezou a complicada Fase de Ascenso á 1ª Autonómica Feminina. As Miúdas e Bergantiños comezaron a primeira das 4 rondas que teñen que superar para conseguir o ascenso, e a cousa parece complicada. Sobre todo para as Miúdas, que caían 4-1 ante o Atl. Matama B.

Por Carballo, a cousa foi mellor, pero non para tirar cohetes. As de Gueli sumaron un 3-2 ante o Burgo que deixa todo aberto á volta.

Atlántica Matama B - As Miúdas (4-1)

  • As Miúdas: Yaiza, Laura, Marcela, Antía, Martina, Leti, Sandra, Ainoa, Marta, María Dosil e Pati. Tamén xogaron: Gala, Bárbara e Eva.

O comezo do encontro gardouse un emotivo minuto de silencio solicitado polo conxunto muradán tralo desgraciado pasamento do trencilla coruñés Roberto Campos.

Con só 14 xogadoras viaxaron as Miúdas a Vigo para este primeiro encontro da fase de ascenso a primeira, e vaia si acusou as baixas. Xa no primeiro achegamento o Atlántida de Matamá realizou o 1-0, un mazazo tremendo para as de Muros que foron arrastro o resto desta primeira metade onde as viguesas as superaron en tódalas facetas de xogo, e sobre todo mellor posicionadas no céspede de Penedo da Moo.
A superioridade local refrendaríase no minuto 16 co 0-2, e pouco despois Marcela tería que abandonar o campo por mor dunhas molestias sendo sustituída por Gala.

O balón parado dou un momento de tregua ás de Muros aproveitando Leti un rechace da porteira tras un bo lanzamento de Antía no minuto 25, pero so foi un espellismo, pois apenas 10 minutos máis tarde Elena rubricaba o recital ofensivo local e facía eterna esta primeira metade para as da Costa da Morte, que ainda verían como Leti tanén tería que ser sustituída antes do tempo de lecer.

Tralo descanso, cambio de panorama, de feito as visitantes sacaron ese orgullo de grandes partidos e posicionáronse en plegado deixando tocar ás rivales en campo propio e presionandoas cando enfiaban a medular, e viñeron os mellores momentos das de Muros, a incomodidade cambiou de bando e as locales non atopaban a ese rival feble do primeiro acto e defendéronse con dureza, tanta que xa cos 3 cambios feitos e no mellor momento de xogo visitante un olanchazo da dianteira sobre Martina fixo que a de Louro tivera que deixar ás compañeiras con 10 sin que o árbitro vise nada punible na acción máis que “un choque”, restaban 25 minutos para o final.

Volta a reubicar atacantes na zaga e tirar de casta para remar, Bárbara de central, Laura todo o partido de lateral, pero a sorte (si é que existe no fútbol) só caía en contra das muradanas e no 85 nun achegamento aillado a puntilla en forma de 4-1.

No arreón final por deixar a cousa máis apretada, Ainoa pediu penalti e Antía fallaba unha ocasión inmellorable, deixando moi complicada a cousa para a volta.

Bergantiños - Sp. Burgo (3-2)

  • Bergantiños: Lara Sanchez, Eva, Rabuñal, Sabrina, Marta, Lore, Torrado, Mery, Noe, Canosa, Noe e Tamy. Tamén xogaron: Carla, Isa, Paula e Tania.

Presentábase a priori moi complicado o partido para un Bergantiños que saíu ao campo coas ideas moi claras, aínda que os primeiros minutos foron de dominio das visitantes pero sen crear demasiado perigo. Adiantábanse as visitantes no minuto 11 ao aproveitar un fallo defensivo, pero soubo reaccionar o Bergan porque dous minutos mais tarde Mery definía ben tras un bo pase entre liñas de Canosa.
A partir do gol local, as xogadoras de Gueli fóronse atopando máis cómodas e faríanse co dominio do xogo, pero sen crear demasiadas ocasións. Co empate chegaríase ao desacanso.

Os primeiros minutos da reanudación foron tolos, Tamy facía o 2-1 a pase de Eva, Fátima empataba para as coruñesas 5 min. despois tras unha xogada dubidosa xogada, e Mery facía a súa doblete no min. 59 a pase de Tamy.

A partir de aí o partido baixou de ritmo debido á forte calor e as carballesas dedicáronse a controlar o partido e ata con algunha chegada perigosa por medio de Isa e Mery novamente, pero finalmente o marcador xa non se movería. O vindeiro domingo xogarase o partido de volta na Lavandeira.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios