Domingo. 21.07.2019
El tiempo

O Bergantiños estrea novo equipo infantil feminino

Este é o novo equipo infantil feminino do Bergantiños
Este é o novo equipo infantil feminino do Bergantiños
O Bergantiños estrea novo equipo infantil feminino

Segue medrando o FútFem na Costa da Morte. O Bergantiños CF vén de presentar durante o día de onte nas Eiroas ao equipo infantil, que disputará a III Copa Gallaecia de fútbol feminino. Será o 31° conxunto federado do club bergantiñán, que se afianza como un dos que ten máis licenzas e equipos de Galicia.

Na presentación do equipo, Luciano Calvo salientou a aposta que está a facer o Bergantiños polo fútbol feminino: “Esperemos que sirva tamén para que, a próxima temporada, poidamos ver nas nosas comarcas unha Copa da Costa de fútbol feminino”. Tamén estivo o presidente da RFGF, Rafael Louzán, que lle deu “a benvida ao fútbol federado a un gran club como é o Bergantiños. Tamén as Escolas Luis Calvo, gracias a esta gran familia, a familia Calvo, que fai posible que esteades competindo”.

Presentacion do equipo feminino infantil do Bergantinos

Isa Vázquez e Gueli Cotelo dirixirán un grupo formado unha marea de rapazas (aínda non está o plantel pechado) cedidas por diferentes equipos: Alejandra Santalla (infantil, do Bergantiños), Carla Pose (infantil, do Bergantiños), Elena Vázquez (alevín, da EF Luis Calvo), Zaira (alevín, da EF Luis Calvo), Laura Caamaño (infantil, da Esteirana), Lola Piñeiro (infantil, da Esteirana), Marta Piñeiro (alevín, da Esteirana), Alexia Lorenzo (infantil, do Coristanco), Jimena Bastón (infantil, do Cerqueda), Paula Veiga (infantil, do Cerqueda), Saskia Rodríguez (infantil, do Laxe), Blanca Charlín (infantil, do Laxe), Olalla Antelo (infantil, do Xalleiros), Uxía Mourelle (infantil, do Xalleiros), Uxía Lema (infantil, do Fisober), Saray Duarte (infantil, do Fisober), Sharay Caamaño (infantil, do Fisober), Laura Blanco (infantil, do Fisober), Lucía Martínez (infantil, do Fisober), Lucía Canosa (infantil, do Fisober), Ruth Muíño (infantil, do Fisober), Alexia María Suárez (infantil, do Fisober) e Abril Pazos (alevín, do Xuventude de Oroso).

O calendario e o cadro de equipos participantes aínda non están pechados, pero si confirmada a celebración nas Eiroas da xornada a disputar o 15 de xuño.

Todas as novas do FSF

 

Todas as novidades do FutFem

Comentarios