FútFem: O Bergantiños, a Cuartos de Copa

As de Gueli superaron ao Portazgo nun partido no que foi claro dominador do encontro de principio a fin, logo de derrotar ao Portazgo por 4-0, cunha actuación estelar de Mery que anotou 3 goles.
Copa 2ª División Feminina
- Resultado:
- Bergantiños: Lara Sanchez, Eva, Paula, Seo, Sabrina, Lore, Torrado, Carla, Noe, Mery e Tamy. Tamén xogaron Lara Rabuñal, Isa, Ale, Fra e Lucía Canosa.
- Goles: Mery (3) e en propia.
Comezaba o partido co Bergantiños exercendo forte presión e con intención de adiantaerse no marcador. No minuto 4 Mery anotaba o seu promer gol cun lanzamento por alto dentro da área. O dominio seguía sendo das locais pero sen acertar de cara a gol ata que Mery fixo o segundo ao definir ben no man a man diante da porterira visitante. Despois deste gol as xogadoras do Portazgo achegaríanse á portería de Lara pero sen demasiado perigo.
Na segunda parte as visitantes adiantaron filas en busca do gol e terían a súa ocasión mais clara do encontro cun lanzamento que se estrelaría no pao. Xusto despois desta ocasión chegaba o terceiro para as carballesas logo dun córner botado por Fra que Adela metía na súa propia portería. Dez minutos antes do descanso chegaba o cuarto gol do partigo logo dunha boa xogada combinatiba na que Mery definiu ben a pase de Fra.
Na vindeira xornada de copa o cadro de Gueli enfrontarase ao Narón nos 1/4 de final, logo que éste eliminase ao Xuventu de Crendes por 1-4. O partido será o vindeiro 1 de maio nas Eiroas.