Venres. 26.04.2024
El tiempo

#FUTFEM: O UD Corcubión sacará equipo na Liga de F7

UD COrcubion feminino adestrando 2
Un dos primeiros adestramentos do Corcubión feminino
#FUTFEM: O UD Corcubión sacará equipo na Liga de F7

Menudo salto de cantidade que está a dar o Fútbol Feminino nos últimos anos. Se os pasados cursos vivíamos como nacían os proxectos de Cee, Xallas, Cerqueda e Mazaricos, este ano xa anunciamos a creación do SD Ponteceso e Corme CF e temos que dar outra boa nova.

O UD Corcubión traballa a fondo para conseguir un grupo que lle permita competir esta tempada 22/23 na Liga de F7 de Santiago, na que xogou o ano pasado o Mazaricos (que este ano se pasa ao F11).

Xa teñen o equipo inscrito e xa comezaron os adestramentos no Cubaleiro ás ordes de Rubén Castillo e Mario, xogadores do equipo masculino.
A meirande parte son da vila de San Marcos pero tamén hai rapazas de Cee, Lires e mesmo algunha de Fisterra, e esperan que se sigan sumando novas mulleres xon gañas de romper a pelota!

UD COrcubion feminino adestrando 1

Con cadro cormelán, o curso que vén competirán 9 equipos costeiros na 22/23. O Bergantiños na 1ª Galicia; o Corme, Ponteceso, Cerqueda, As Miúdas, Xallas, Cee e o Mazaricos na 2ª; e o Corcubión na Liga de F7 de Santiago.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios