Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O galimatías das Fases de Ascenso e Copas da Costa de base en tempo de exames

O Fisterra xuvenil ganando no conco na semi da Fase de Ascenso
O Fisterra xuvenil gañou na ida das semis da fase de ascenso no Conco . Foto. SD Fisterra
O galimatías das Fases de Ascenso e Copas da Costa de base en tempo de exames

Desenvólvense estas semanas as complicadas fases de ascenso ás Liga Provinciais e Galegas do fútbol base. Un galimatías de enfrontamentos, eliminatorias, datas… provocados pola falta de atención e planificación e a creación dunha nova categoría provincial, que se enmarcará entre as Ligas comarcais e as Galegas.

Tras 3 semanas parados despois do final de Liga (tendo en conta tamén os paróns de entroido, semana santa…) os equipos están tendo que xogar partidos venres-domingo, mércores-domingo… tendo ademais que poñerse dacordo entre eles e puidendo abrir camiño aos roces.

Porque ademais das Fases, todo coincide co desenvolvemento dunhas Copas da Costa que poderían ter comezado hai semanas. Unha competición sempre esperada que mesmo enche campos en categoría cadete (véxase o Camariñas-Soneira deste pasado sábado no Vicente Carril) perden atención ao térense que disputar nalgún caso entre semana pola coincidencia dos partidos.
Máis grave foi a non participación dos 3 equipos (Laxe, Soneira e Zas) que quedaron excluidos da Copa Infantil, coa intención de darlle valor á segunda fase de Delegación… Non sería mellor facer unha previa cos equipos peores clasificados que deixar á rapazada sen xogar a prezada e bonita Copa?

Todo, cos exames de por medio…

Fases de Ascenso

Ambientazo no Conco para o Dumbria-Fisterra da Fase de Ascenso Xuvenil
Ambientazo no Conco para o Dumbria-Fisterra da Fase de Ascenso Xuvenil. Foto. SD Fisterra

Os campións das Ligas da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil, Xallas, Dumbría e Outes, respectivamente, participaron na Fase de Ascenso á Liga Galega, pero os tres caeron nas súas intentonas, polo que competirán o ano que vén na “nova Liga Provincial”.

O Xallas Xuvenil caeu ante o Amio, ao caer 1-0 na ida, e quedar 2-2 na volta en Fontenla.
Se o Xallas quedou a un gol da Liga Galega, máis cruel aínda foi a derrota do Dumbría Cadete, na prórroga, ante o Estrada. Os dumbrieses venceron 1-2 na ida, pero na volta acabaron os 90 minutos perdendo 0-1, e na prórroca acabaron cando 0-4 no Conco.
Finalmente, o Outesinfantil  perdeu con máis claridade ante o Conxo B, tanto na ida como na volta.

En Xuvenís, aínda está por determinar o equipo que acompañe ao Xallas na nova Provincial. Este pasado sábado, o Fisterra metía un pé na Provincial ao vencer 1-4 no Conco, con 3 goles de Guille, e terá que ratificar o seu ascenso este sábado 15 ás 16:30 en Ara Solis, ante unha afección envorcada co equipo.

En Cadetes, Ademais do Dumbría, Outes e Coristanco están disputándose a outra praza de ascenso á nova categoría. Na ida o Outes venceu 1-4 este sábado ás 11:00h, o Cunchido decidirá.

En infantís, Outes (como 1º pero que non pasou a eliminatoria de ascenso á Liga Galega) e Sofán (como 2º), ascenden á nova categoría provincial.

As Copas da Costa, entre semana

Que mágoa que unha competición tan bonita coma esta teña que disputar entre semana… A final da Copa da Costa Xuvenil decídese este mércores 12 de xuño. Dumbría e Cerqueda xogan no Conco ás 20:00h para buscar o pase onde se enfrontarán ao potente Fisterra, que venceu ao Xallas con rotundidade.

Mentres, en Cadetes, o EFC Camariñas eliminaba o pasado domingo ao Soneira nun ateigado Vicente Carril, e espera o rival que vai saír da outra semi que se disputa este xoves ás 20:00h na Salina, entre Esteirana e Coristanco.

En Infantís, esta fin de semana se celebraron as semis. O Cee vencía o Dumbría e Os Miúdos ao Muxía. Ambos enfrontaranse o 23 de xuño…

Máis novas

Comentarios