Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Irmandade irmandiña

Irmandade irmandiña
Catro irmáns forman boa parte da columna vertebral do Soneira, finalista da Copa da Costa; Jose e Basti De la Sierra, así como Alberto Vía e Richi teñen grabado a lume culminar o curso de xeito histórico De esquerda a dereita, Richi, De la Sierra, Vía e Basti, tras adestrar esta semana en Mazaricos, sede da final De esquerda a dereita, Richi, De la Sierra, Vía e Basti, tras adestrar esta semana en Mazaricos, sede da final Aceptado como punto de partida e chave do éxito do Soneira ese concepto de gran familia, profundizando un pouco máis na súa sala de máquinas e xenealoxía pódese atopar a estricta esencia dese concepto. Catro dos máis determinantes futbolistas do equipo comparten feitos que ineludiblemente lles levan a que cada derrota, vitoria, éxito ou fracaso afecten de forma máis radical nos seus sentementos. José María De la Sierra, Basti De la Sierra, Alberto Álvarez e Ricardo Álvarez son irmáns entre si, nados en Vimianzo, formados deportiva e socialmente na Vila do Castelo, viven do talento e teñen representado e medrado a entidades moito máis grandes, normalmente da Coruña. Agora velan xa armas para unha final apaixoante fronte ao Xallas, que levaría un dobrete histórico ó clube dos seus amores e pecharía un curso que podería titularse Un mundo feliz. Así é a así funciona a 'irmandade irmandiña' destes xenios xenealóxicos. Os De la Sierra José María De la Sierra Suárez (1989) A sala de máquinas e o destructor. Recoñecido desde os seus inicios como unha perla da canteira, a chegada á madurez ten unido á súa clase un tremendo rigor táctico e un traballo deses que non ocupan portadas, pero o cal non existirían os grandes equipos. Ten percorrido a perfieria, no Porteño e o Camariñas, antes de regresar novamente ao Soneira de Primeira e Preferente Autonómica. Nos últimos anos ten mellorado, ademais, a súa aportación goleadora. Bastian De la Sierra Suárez (1993) Gol. Tan simple, tan difícil de atopar. Cando parece que non está a aportar no campo, que non fixo nada memorable, asina o tanto gañador. Rematador, oportunista e temible cando está en plena xeira. Ten sido pichichi de Primeira Autonómica e case de Preferente. Os seus números teñen rivalizado cos Adrián Beiroa ou Marcos Suárez, e xogando na casa. Foi campión da Liga Cadete adestrado polo seu irmán Jose. Militou no Cabana de Liga Gallega Xuvenil, e tamén no Bergantiños. Os Álvarez Rodríguez Alberto Álvarez Rodríguez 'Vía' (1990) O sempre desexado e por fin conquistado. Formado no Ural ou Montañeros, durante anos o clube suspirou por incorporar a un futbolista con experiencia amplia en Terceira División, a pesares da súa xuventude. Maxia e explosividade a partes iguais. Ten perdido algo da potencia que lle facía temible de pequeno, pero tamén ganado en intelixencia. O carácter e a ambición tamén lle teñen feito máis forte. Ricardo Álvarez Rodríguez 'Richi' (1995) Unha madurez forxada na precocidade. Desde case os tempos de Cadete xa despuntaba cos grandes. Ten a clase de seu irmán, ou máis, e co tempo tamén ten adquirido musculatura e competitividade. A veces da a impresión de que lle falta considerarse dominante. É como Son Gohan en Dragon Ball: só da o máximo cando se 'pica'. Cuestionario común aos catro irmandiños - Que vantaxes e inconvintes ten xogar co seu irmán? Jose: O ben que te entendes e o saber sempre o que hai que facer, non lle vexo ningún inconvinte. Basti: Entendes perfectamente o xogo do outro, pero tamén hai que dicir que tes máis conflicto, entre comillas. Vía: Coñeces perfectamente como xoga e como está no partido, se está concentrado, frustrado, etc. Por outro lado, como hai confianza, tamén hai algunha discusión. Richi: O coñeces tanto persoal como futbolísticamente, e a veces ponse moi pesado. - Que é o mellor de teu irmán e que debería aprender de ti? Jose: A facilidade para o gol, pero tamén debería aprender a ter certa calma nalgún momento no que a cousa non está favorable. Basti: O ben que sabe ler os partido, epro debería aprender a ter máis gol. Vía: O mellor que ten é a conducción de balón e o xogo aéreo, pero debe desmarcarse mellor e ter máis confianza en si mesmo. Richi: A velocidade e o un contra un, pero ten que aprender a ir de cabeza. - Unha promesa se gana a Copa é… Jose: Calquera, as mellores promesas son aquelas que non hai que cumprir Basti: Rapar o pelo Vía: Se cae o dobrete haberá que poner algo na pel para recordalo para sempre Richi: Pintar o pelo de verde.

Comentarios