Martes. 19.11.2019
El tiempo

Iván Bouzón e MC, Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente

Iván Bouzón e MC completan o sexteto de premiados para a Gala do Fútbol da Costa-QPC
Iván Bouzón e MC completan o sexteto de premiados para a Gala do Fútbol da Costa-QPC
Iván Bouzón e MC, Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente
MC e Iván Bouzón, o pichichi e o Premio Pombo da 1ª e Preferente

Despois de coñecer os Premios Pombo e os Pichichis da 2ª e 3ª da Costa, e unha vez rematada a temporada en Preferente, xa podemos completar o sexteto de premios aos pichichis e porteiros menos goleados que levarán o seu trofeo na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC.

Na portería hai poucas dúbidas. A mala temporada do Xallas e a irregular do Sofán, fan que nin Koke nin Julián polo cadro xalleiro, nin Javi Rumbo polo carballés, teñan opcións de loitar polo Premio Alex Pombo ao Porteiro Menos Batido de Pref. e 1ª. Na 1ª houbo pouca discusión co temporadón do campión a SD Fisterra.

O seu porteiro xogou absolutamente todo, e só recibiu 27 goles encaixados en 34 partidos, polo que Iván Bouzón é o novo Premio Pombo da Costa.

En canto aos máximos goleadores, na Preferente apenas aparece Raúl na zona alta, como máximo goleador costeiro, con 13 goles, lonxe dos pichichis dos equipos de 1ª. Aí si que houbo unha fermosa loita entre dos dous mellores xogadores do noso fútbol.

Finalmente MC, con 34 goles foi o pichichi da categoría, só un por diante do fisterrán Adrián Makaay. Tamén aparece entreos mellores da categoría Yuyo, camariñán do Dumbría, con 21 tantos, na 3ª praza, e Róber Pladur, da Esteirana, con 15.

Novas relacionadas

Comentarios