Iván Cancela, novo membro do Comité Nacional de Adestradores
19:08 15/02/22
Algo estará facendo ben o noso Iván Cancela para seguir escalando na súa meteórica carreira nas altas esferas federativas. O adestrador costeiro, malia ser de Tordoia, dende 2019 presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola Galega de Adestradores, acaba de entrar membro do comité executivo do Comité Nacional de Adestradores da RFEF, como así o anunciou oficialmente David Gutiérrez, actual presidente do Comité Nacional de Adestradores, durante a súa visita a Galicia