Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Laracha renova o céspede do campo municipal. O seguinte, Vimianzo

2024.06.05.- Obras céspede Municipal A Laracha
Obras céspede Municipal A Laracha
A Laracha renova o céspede do campo municipal. O seguinte, Vimianzo

Este mércores comezaron as obras de renovación do céspede sintético do campo de fútbol Municipal da Laracha, actuación coa que o Concello substituirá o terreo de xogo desa instalación deportiva que levaba sendo empregado de xeito intensivo durante os últimos 15 anos. As obras comezaron unha vez rematada a temporada 2023-2024, por tanto sen interferir na actividade dos clubs laracheses. O proxecto custa en 215.000 euros.

O novo céspede será de última xeración, mixto e de 40 milímetros. Cumprirá coas especificacións e normativas correspondentes para asegurar a máxima calidade conforme aos niveis que esixe a certificación FIFA Quality Pro. Colocarase sobre unha nova base plástica que favorecerá un máis óptimo comportamento deportivo para a práctica do fútbol.

O seguinte, Vimianzo

Outro dos campos da comarca que máis necesitan a súa renovación é o de Vimianzo, e esta pasada xornada douse un novo paso coa chegada dos técnicos para analizar o mellor procedemento para realizar a renovación do mesmo.

Comentarios