#LigadaCostaFEM: 4 equipos seguen invictos

O Soneira celebrando a vitoria
Cuarta xornada de Liga e só 4 equipos seguen invictos, sendo o Camariñas o único que conta partidos por vitorias. Ollo co Outes, Soneira e Cabana que están facendo bos números e superan a un Corcubión que permitiu que o Xallas B sumase o seu primeiro punto do curso.

Corcubión - Xallas B (1-1)

  • Corcubión: Xiana, Alexandra Lojo, Marta, Carla, Cris, Helena, Juliette, Sandra, Ana Sierra, Jimena, María Castro. Tamén: María Díaz, Tati, Lara, Andrea Rod., e Serena.
  • Xallas B: Valeria, Cali, Daniela, Paula Maneiro, Laura, Carmen Pena, Saray, Judit, Yaiza, Soraya e Michelle. Tamén: Valeria Caamaño, Mar, Naiara, Marta Lago e Carmen Pombo.
  • Goles: 0-1, m.59: Yaiza; 1-1, m.78. Serena.

Partido moi igualado e disputado, no que as xalleiras sorprenderon acadando o seu primeiro punto da temporada ante unhas das teóricas favoritas. I é que o cadro de Noe está mellorando moito, e saían confiazadas de buscar o balón e tendo algunha ocasión.

Na segunda comezaban as de Rubén Castillo apretando e tendo varios mans a mans, pero eran as verdes as que se adiantaban ao cuarto de hora. As locais, un punto superiores fisicamente, foron empurrando envorcando o campo cara a área visitante, pero non acabaron de atopar o seu mellor xogo e só puideron empatar.

Cabana - Zas (1-0)

  • Cabana: Miriam, Idania (Valeria), Mireia, Iria, Aroa, Inma, Alejandra (Natalie), Laura (Nuria), Silvia, Adriana (Marta), María Souto (Sabela).
11 do Sporting Zas nas Redondas
  • Zas: Alvite, Sara, Carlota, Atenea, Nuria, Andrea, Lara , Antia, Nerea, Laura e Ruth. Tamén: Isa, Tania, Valeria, Lorena, Lucía.
  • Gol: 1-0, m.77: Adriana.
SD Cabana-Sp Zas nas Redondas. Foto: Sp 

Partido de alta intensidade con ritmo alto e un fútbol moi directo en busca da segunda xogada os dous equipos, poucas ocasións de gol para ambos lados e as que aparecían, as porteiras estaban atentas para desbaratar ésa posibilidade. A máis clara para as de José Manuel, nun córner que bota Silvia e aparece Alvite para mandar ao longueiro.

Apretou un punto máis o cadro local na segunda, e no único erro defensivo das de Anxo Garrido, Adriana aproveitaba para facer unha longa carreira e prantarse diante de Alvite e facer o único gol do partido. Aínda tivo o empate o Zas pero os puntos quedaron nas Redondas.

As cabanesas celebrando a vitoria

Dubra - Camariñas (0-3)

  • Camariñas: Desiré, Aitana, Brenda, Rocío, Uxía (Lara), María, Laura Pose (Daniela), Yara, Laura Paredes (Alba), Maira (Saray) e Paula Mouzo (Ana Lelucha).
  • Goles: 1-0, m.30: Yara de falta directa; 2-0, m.50: Laur Pose; 3-0, m.75: Yara anota un golazo dende fóra da área.

Partido totalmente dominado polo Camariñas, pero que non se adiantaría ata pasada a media hora de xogo cun gol de Yara de falta directa. Nada máis empezar a 2ª parte farían o 2-0 por medio de Laura Pose. O 3-0 chegaría no m. 75 cun golazo de Yara cun trallazo de fora da área.

Ponteceso - Cerqueda (0-2)

  • Ponteceso: María Lema, Sabela, Helena Neira, Iria, Lorena, Laura Rod., Lucía, Eva Carril, Virgi, Oanes, Clara. Tamén: Tania, Tati, Lucía, Maica e Elena Busto.
11 da UD Cerqueda no Pinguel
  • Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara Kayla, Alba, Saray, Antía, Raquel, Lorena e Tania. Tamén: Tati, Irene, Valeria, Érika e Carla.
  • Goles: 0-1, m.74: Saray; 0-2, m.89: Valeria.

Igualado partido no Pinguel, cun Cerqueda un pouco máis intenso, sobre todo na primeira metade, na que as de Miguel presionaban moi ben e obrigaban a María a intervir. Co paso dos minutos o dominio visitante era maior, roubando moi pronto, pero sen acerto.

Parecía uqe saían mellor as de Alex Chouciño e Pablo Nogueira na segunda, pero non tiñan profundidade. Nun balón ás costas da defensa, Saray abría o marcador. Xa con algo máis de despazos, e despois dun par de chegadas nas que as pondalianas puideron empatar, Valeria sentenciaba o choque, asinando unha xusta vitoria.

Outes - A Baña (7-0)

  • Outes: Lía, Fátima, Antía, Alicia, Uxía, María, Carme, Carla, Miriam, Gema Roo e Érika. Tamén Marta Calvo, Cris, Natalia, Buján e Candela.
  • Goles: Carla Vidal (4), Gema Roo, Marta Calvo e Candela.

Partido clara das de Sani Salgueiro, que comezaban arroiando e Gema Roo xa abría o partido aos 6 minutos. Non sufrían atrás e seguían creando as da Serra, con Carla efectivísima facendo 4 tantos antes do descanso.

A segunda foi de festa, para recibir á filla predilecta da casa, unha Marta Calvo que despois 4 temporadas no Victoria FC de Santiago, e varias lesións, volve a casa para volver gozar do fútbol, aos seus 21 anos. Volvía ao Cunchido con gol e todo. Cerraba Candeliña co seu primeiro gol na historia nesta primeira campaña xogando ao fútbol.

Xogadoras do Outes FC celebrando a vitoria

Soneira - As Miúdas (3-1)

11 do Soneira SD no seu debut no Irmandiño
  • Soneira: Karen; Luana (Cristal), Leila, Cris, Laura (Marce); Uxia (Sara P.), Aniña, Tamara; Kenny, Candela (Agra), Dani (Kelly).
  • As Miúdas: Zaira, Atenea, Leire, Carlota, Iria, Ana Romero, Adriana Piñeiro, Sofía, María García, María González, Sabela. Tamén: Alba, Lola, Salomé, e Nicole.
  • Goles: 1-0, m.44: Aniña; 2-0, m.56: Kenny; 3-0, m.58: Cande; 3-1, m.75: Sofia.

Primeiro partido na casa do ano, estrenando o novo Irmandiño para as de Rolan, que empezaban algo nerviosas ante unhas Miúdas que facían unha boa presión arriba, facendo do primeiro tempo un partido moi igualado. Avisaban as muradás cun tiro que marcha fóra, pero pouco a pouco o equipo local ía chegando máis, como dúas internadas de Candela, e un tiro de Dani que salva unha defensa baixo paus. E na ultima xogada da primeira parte marcaría a capui Aniña.

Estiveron mellor as locais na segunda, e as de Mané baixaron un pouco e cometeron un par de erros, que costaron claros. Nas dúas primeiras que tiveron as locais Kenny e Candela farian dous goles, poñendo o 3-0, e matando o partido.

Crónicas da #LigadaCostaFEM

Crónicas da 1ª e 2ª Div.

Máis info